Madrid é o terceiro destino idiomático do país con cerca de 40.000 estudantes ao ano, procedentes principalmente de Estados Unidos, Alemaña e Francia, segundo informou o Concello da capital.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Madrid é o terceiro destino idiomático do país con cerca de 40.000 estudantes ao ano, procedentes principalmente de Estados Unidos, Alemaña e Francia, segundo informou o Concello da capital.
Fonte: Europa Press
Os ministros de Industria da Unión Europea reúnense de forma extraordinaria co obxectivo de exercer presión sobre España e Italia para que renuncien ás súas respectivas linguas na futura patente comunitaria, que só se traducirá ao francés, inglés e alemán.
Fonte: Cinco Días
Mil novos profesores de chinés recibirán formación para traballar nas escolas británicas, segundo anunciaron os ministros durante a misión comercial a Pequín de David Cameron. A iniciativa multiplicará por once o número de profesores cualificados, situado actualmente arredor de 100, e espérase que se obteñan os suficientes docentes para que todos os estudantes que queiran aprender chinés poidan facelo.
Fonte: The Scotsman
A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Laborinho, resaltou en Vigo que a "internacionalización do idioma" portugués é un "capital" que "pode transformarse en vantaxe nestes tempos de dificultade".
Fonte: ABC
"A lingua oficial da República de Alemaña é o alemán". Estas son as palabras que á Asociación para a Lingua Alemá (Verein Deutsche Sprache ou VDS) lle gustaría ver incluídas na Constitución de Alemaña.
Fonte: Deutsche Welle
O Goberno valenciano aposta por un sistema educativo que descanse en tres eixes, que engloban as dúas linguas cooficiais (castelán e valenciano), ademais dunha lingua estranxeira, con preferencia o inglés.
Fonte: Las Provincias
A lingua chinesa é cada vez máis popular nos institutos de Dinamarca e 13 deles xa ofrecen cursos de lingua chinesa.
Fonte: Xinhuanet
A canle Hèm TV arrincou en fase de probas tras a firma dun convenio de colaboración para crear a primeira canle de televisión en aranés.
Fonte: 20 minutos
UGT-Madrid e a Universidade de Cambridge asinaron un acordo de colaboración para que os alumnos participantes nos plans de formación do sindicato poidan obter os certificados da lingua inglesa de Cambridge ESOL.
Fonte: Europa Press
Trinta e tres localidades galegas acollerán esta semana actividades do programa de dinamización Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende achegar o galego á poboación máis nova.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín