A 17 edición da Korrika finalizou nunha multitudinaria festa en San Sebastián tras percorrer durante dez días un itinerario de 2.500 quilómetros que comezou en Treviño e culminou no Boulevard donostiarra.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A 17 edición da Korrika finalizou nunha multitudinaria festa en San Sebastián tras percorrer durante dez días un itinerario de 2.500 quilómetros que comezou en Treviño e culminou no Boulevard donostiarra.
Fonte: ABC
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén colaborando coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio .gal en internet. O obxectivo desta asociación é establecer o devandito dominio para a comunidade cultural e lingüística galega.
Fonte: Código Cero
O Goberno vasco destinará máis de 12 millóns de euros para o impulso do éuscaro en áreas como os medios de comunicación, as entidades locais, as tecnoloxías da información e as empresas, así como no ámbito social.
Fonte: Europa Press
Falantes de chokwe, unha das linguas nacionais de Angola, residentes nas provincias de Moxico, Lunda Norte, Lunda Sur, Malanxe, Bié e Kuando Kubango desenvolverán un obradoiro para abordar a problemática da normativización da súa lingua materna.
Fonte: Angop
De acordo coas últimas estatísticas do ámbito cultural publicadas en Bruxelas, máis da metade da poboación maltesa le xornais nunha lingua estranxeira. Cunha porcentaxe do 56 %, trátase da media máis alta na Unión Europea despois da rexistrada en Luxemburgo (71 %).
Fonte: Times of Malta
A multinacional de tecnoloxías da información, Indra, permitirá a aplicación dun intérprete de lingua de signos a servizos turísticos e de transporte a través do proxecto Consignos, segundo informa a compañía.
Fonte: Finanzas.com
Varios miles de persoas manifestáronse en Valencia en defensa das emisións de TV3 na Comunidade Valenciana e a favor da lingua e a transparencia, nun acto de protesta que concluíu cunha breve actuación de Lluís Llach fronte ás Torres de Serranos.
Fonte: ABC
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG) colabora con centros de investigación de universidades portuguesas e brasileiras na creación dun tesouro léxico que permitirá obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais de galego, portugués europeo e portugués do Brasil.
Baixo o lema "O galego é a chave coa que abrimos o mundo" a plataforma Queremos Galego convoca para o vindeiro 30 de abril un acto de celebración a prol da lingua galega en Santiago de Compostela.
Fonte: Culturagalega.org
En Galicia existen 52 centros plurilingües que asumiron impartir materias nun terceiro idioma a raíz do Decreto do plurilingüismo que a Consellería de Educación aprobou hai un ano.
Fonte: El País
Subscríbase ao boletín