En Galicia existen 52 centros plurilingües que asumiron impartir materias nun terceiro idioma a raíz do Decreto do plurilingüismo que a Consellería de Educación aprobou hai un ano.
Fonte: El País
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
En Galicia existen 52 centros plurilingües que asumiron impartir materias nun terceiro idioma a raíz do Decreto do plurilingüismo que a Consellería de Educación aprobou hai un ano.
Fonte: El País
Institucións públicas e privadas de toda Macedonia continúan rexeitando a sinalización en albanés a pesar de que case o 30 % da poboación deste país balcánico é de orixe albanesa.
Fonte: Albeu
O lingüista João Malaca Casteleiro, da Academia de Ciencias de Lisboa, cre que o portugués podería converterse na sétima lingua oficial da Organización das Nacións Unidas (ONU) nos próximos cinco anos, grazas á grande proxección do Brasil no panorama internacional e á posibilidade de que este se converta en membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.
Fonte: Café Portugal
O inglés supera o galego como idioma das teses de doutoramento que se fan na Universidade de Santiago, pero segue aínda lonxe da rotunda maioría que posúe o castelán, con algo máis do 64% do total. Con todo, o galego rabuñou nos últimos vinte anos unha presenza de seis puntos, ata acadar o 13,78%.
Fonte: Galicia Hoxe
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de dirixirse ás máis de trinta mancomunidades de municipios de Galicia para achegarlles información sobre a Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca avanzar na coordinación e no impulso das actuacións en materia de dinamización da lingua galega en colaboración coas entidades locais.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase ao recoñecemento da diversidade lingüística. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo vén de participar na primeira reunión sobre o proxecto “Lingua e falantes por unha Europa diversa”, promovido pola Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity).
Fonte: Xunta de Galicia
O presidente de Xeorxia, Mikheil Saakashvili, apoiará a aprobación dun programa que requirirá unha aprendizaxe máis exhaustiva da lingua xeorxiana para a poboación de orixe non xeorxiana.
Fonte: News.am
O hotel Gwesty Carreg Môn, en Anglesey, no norte de Gales, emitiu unha norma pola que prohibe falar galés ao persoal de cociña porque o seu principal responsable non fala nin entende esta lingua. A dirección do hotel afirma que tomou esta decisión "unicamente por razóns de seguridade" para garantir o bo funcionamento do servizo de restauración.
Fonte: Daily Post
Un estudo revelou que o árabe é, despois do inglés, a lingua máis falada pola xente nova en Australia. Un de cada oito nenos multilingües emprega esta lingua no ámbito familiar.
Fonte: Gulfnews
Un recente estudo indica que as 6.000 linguas modernas do mundo poderían ter descendido dunha única lingua ancestral falada por humanos prehistóricos de África hai entre 50.000 e 70.000 anos.
Fonte: The Wall Street Journal
Subscríbase ao boletín