Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de novembro de 2010

    O profesor Thomas Ricento afondou na política e na planificación lingüísticas no seminario que vén de impartir na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de novembro de 2010

    Trátase do cuarto volume dunha colección promovida pola Secretaría para a Inmigración e a Secretaría de Política Lingüística que ten como obxectivo proporcionarlles un primeiro contacto coa lingua catalá ás persoas de orixe estranxeira.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de novembro de 2010

    A Consellería valenciana de Educación asinou este ano, por segunda vez consecutiva, un convenio de colaboración co Ministerio de Educación polo que se dota os centros de educación secundaria da Comunidade Valenciana dun máximo de 40 auxiliares de conversación de inglés máis para o curso 2010-2011.

    Fonte: Europa Press

    08 de novembro de 2010

    O Goberno de Melilla propúxose impulsar o tamazight, lingua milenaria de orixe bérber, e promover a súa implantación no ámbito universitario.

    Fonte: ABC

    08 de novembro de 2010

    O programa Bocaberta 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística estrea en Ourense unha nova actividade. Trátase da iniciativa En clave de conto, de OQO editora, que busca achegarlles a lingua galega aos nenos e nenas de 5 a 8 anos a través da música, da palabra e da ilustración.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de novembro de 2010

    O secretario xeral, Anxo Lorenzo, e o director xerente da empresa, Casián García, asinaron en Moraña un convenio a prol do fomento do uso do galego na actividade comercial.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de novembro de 2010

    Persoas destacadas da vida de Gales asinaron unha carta na que demandan que a lingua galesa teña status oficial nas novas leis da Asemblea.

    Fonte: Daily Post

    04 de novembro de 2010

    Os votantes de Oklahoma aprobaron de forma contundente a consulta 751, polo que oficialmente se converte no 31.º estado que fai o inglés o idioma oficial.

    Fonte: Business Wire

    04 de novembro de 2010

    O 50,8 % dos mozos cataláns de 15 a 19 anos domina o inglés en todas as súas habilidades -ler, entender, falar e escribir-, segundo a Enquisa de Usos Lingüísticos da poboación, elaborada pola Secretaría de Política Lingüística e o Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat).

    Fonte: La Vanguardia

    04 de novembro de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a proposta de resolución da concesión das axudas para os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder