Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de maio de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar nove prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de España, Italia, Alemaña e Portugal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de maio de 2011

    Microsoft presentou unha actualización do Internet Explorer 9 que incorpora 53 idiomas adicionais, co que conta cun total de 93, o que o convertería no navegador web dispoñible en máis linguas, superando as 86 do Firefox 4, as 45 de Google Chrome 11, as 44 do Opera 11.0 e as 16 do Safari 5.

    Fonte: Código Cero

    26 de maio de 2011

    O Centro de Terminoloxía TERMCAT estase incorporando progresivamente ás redes sociais. Se hai unhas semanas abría un espazo en Youtube (http://www.youtube.com/termcat), recentemente abriu unha canle de diálogo cos usuarios en Twitter (http://twitter.com/#!/termcat_).

    26 de maio de 2011

    Unha decena de colectivos de Vitoria pediron aos partidos a súa involucración no labor de normalizar o éuscaro na cidade. «É un compromiso que adquiriron hai catro anos e aínda non se cumpriu», sinalaron portavoces de AEK, IKA e Euskal Herrian Euskaraz, entre outras agrupacións.

    Fonte: El Correo

    26 de maio de 2011

    Un gran número de exipcios quere estudar turco no Centro Cultural Turco Yunus Emre do Cairo. 5000 mozos estudan nos departamentos de lingua turca de 12 universidades de Exipto, mentres que 1200 persoas de Exipto estudaron turco no Centro Cultural Turco Yunus Emre.

    Fonte: World Bulletin

    26 de maio de 2011

    Reforzar a proxección internacional das linguas propias e das culturas de Galicia, País Vasco e Cataluña a través de actuacións conxuntas entre os gobernos das tres comunidades. Este foi o obxecto principal da reunión que mantiveron o responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi; a directora do Instituto vasco Etxepare (Etxepare Euskal Institutua), Aizpea Goenaga; e o máximo responsable da promoción exterior do catalán, Vicenç Villatoro, que dirixe o Institut Ramon Llull.

    25 de maio de 2011

    Tras unha serie de conversas extraoficiais, a coalición de Goberno de Eslovaquia espera que poida chegar a unha solución de compromiso que lle permita aprobar a Lei de linguas minoritarias.

    Fonte: The Slovak Spectator

    25 de maio de 2011

    O Goberno vasco aprobou a orde pola que se convocan axudas para fomentar o uso do éuscaro nas actividades extra académicas e o afianzamento idiomático, dotadas con 367.000 euros. Tamén destinou outros 262.000 euros para reforzar a expresión oral destinada á euscaldunización do ámbito escolar durante o curso 2011-2012.

    Fonte: 20 minutos

    25 de maio de 2011

    A Universidade de Lleida (UdL) será a única universidade catalá que ofrecerá unha cátedra de estudos occitanos a teor do acordo que subscribiron o Concello de Lleida, a Deputación de Lleida e o Consello Xeral de Arán coa Universidade de Lleida.

    Fonte: La Manyana

    25 de maio de 2011

    A lingua manesa experimentou unha revitalización nas escolas da Illa de Man grazas a un aumento das oportunidades para as persoas novas que desexan aprender as linguas nativas. Máis de 1000 alumnos estudan agora manés nas escolas de educación primaria e arredor de 100 na secundaria.

    Fonte: Isle of Man

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder