Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xuño de 2011

    O samoano non goza actualmente de recoñecemento oficial nin ten presenza no currículo escolar en Nova Zelandia polo que se asinará unha petición para que esta lingua e outras catro do Pacífico adquiran o status de lingua oficial.

    Fonte: TV NZ

    03 de xuño de 2011

    A presentación do documento coincide coa aprobación hai quince anos en Barcelona da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, asinada por 41 centros Pen, 66 ONG e 41 expertos de todo o mundo, que partiron do principio de que “os dereitos lingüísticos son, à vez, individuais e colectivos”.

    Fonte: ABC

    03 de xuño de 2011

    Vilarreal celebra o festival “Mira per la Llengua”, que terá lugar na Praza Maior, para “potenciar o uso do valenciano nos diferentes sectores da poboación”, tal e como anunciou o edil de Cultura, Héctor Folgado.

    Fonte: Levante-emv

    03 de xuño de 2011

    Trátase dun sistema que permite a busca e tradución de contidos audiovisuais en todas as linguas do Estado español, ademais do inglés. Este sistema multilingüe estase a desenvolver no marco de Buceador, un proxecto de investigación realizado dentro do Plan nacional de I+D coa participación das Universidades Politécnica de Cataluña, País Vasco e Vigo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    02 de xuño de 2011

    Máis de cen obras de 90 autores son as primeiras referencias a que se poderá acceder e descargar dende un novo recurso, Galegobook, un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un gran número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).

    Fonte: CTNL

    02 de xuño de 2011

    O obxectivo é que, en catro anos, arredor de 20.000 profesores do sistema público e concertado, un terzo aproximadamente do total, conten coa habilitación para impartir materias en inglés e cumprir así co novo modelo trilingüe.

    Fonte: ABC

    02 de xuño de 2011

    O Centro de Normalización Lingüística ten como finalidade investigar, fomentar e difundir a lingua de signos española, así coma velar polo bo uso desta.

    Fonte: Diario Siglo XXI

    02 de xuño de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou, en Santiago de Compostela, na presentación de Relatos para noites de hotel, unha obra que inclúe os dous textos premiados no I Certame Internacional de Relatos Pousadas de Compostela, en edición trilingüe galego, castelán e inglés.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de xuño de 2011

    Voluntarios da Sociedade da Lingua Galesa fundaron unha nova canle de televisión, a Sianel ‘62, con motivo do festival galés Eisteddfod yr Urdd. Esta iniciativa nace en resposta aos recortes que a BBC propuxo para a canle pública en lingua galesa S4C e que poderían pór en risco a súa existencia.

    Fonte: I-volunteer

    01 de xuño de 2011

    O Instituto Camões creará un centro cultural na cidade de Toronto (Canadá). O centro contará cunha biblioteca e unha escola para o ensino do portugués e estará aberto a todas as persoas que estean interesadas na aprendizaxe e perfeccionamento desta lingua.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder