Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xuño de 2011

    A Comisión de Igualdade e Benestar Social debateu unha proposición non de lei na que se instaba o Goberno andaluz a "ter intérpretes de lingua de signos a disposición dos usuarios que o requirisen, nos centros hospitalarios, nos museos e monumentos que dependen da Administración pública".

    Fonte: Redacción Médica

    16 de xuño de 2011

    O Centro Cultural Hispano-Xaponés da Universidade de Salamanca impartirá o curso que vén clases de lingua e cultura xaponesas para nenos de 7 a 12 anos. Estas clases terán unha periodicidade semanal e desenvolveranse entre o 3 de outubro de 2011 e o 25 de maio de 2012.

    Fonte: Salamanca24horas.com

    16 de xuño de 2011

    O ministro de Cultura francés, Frédéric Mitterrand, anunciou que apoiará unha proposición de lei sobre as linguas rexionais na Asemblea Nacional de Francia que significará un avance para as demandas cidadás ao respecto.

    Fonte: Le Télégramme

    15 de xuño de 2011

    O Instituto Cervantes da capital da India organizará diversas actividades con motivo da celebración a nivel mundial, o próximo sábado 18, da terceira edición do Día do Idioma Español.

    Fonte: Prensa Latina

    15 de xuño de 2011

    Na rexión francesa de Mediodía-Pireneos realizouse unha enquisa sociolingüística sobre os usos e competencias da lingua occitana. O estudo mostra que un de cada dous habitantes desta rexión pode falar occitano ou ten algún coñecemento desta lingua.

    Fonte: Toulouse 7

    15 de xuño de 2011

    Os alumnos de cuarto de ESO do IES A Paralaia presentaron o resultado do seu traballo na campaña "Receitas para a Lingua". No marco deste proxecto traduciron as receitas de ata trece establecementos colaboradores. Para agradecérllelo, repartirán mandís e bolsas de tea co logo da campaña entre todos estes negocios.

    Fonte: Faro de Vigo

    15 de xuño de 2011

    A parroquia viguesa de Saiáns recupera o seu patrimonio toponímico nun libro do profesor Gonzalo Navaza editado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) en colaboración coa Área de Normalización Lingüística e a Comunidade de Montes de Saiáns.

    Fonte: Galicia Hoxe

    14 de xuño de 2011

    O Ministro de Asuntos Aborixes de Canadá, John Duncan, apoiará unha petición para que nenos inuit reciban unha educación bilingüe en inuktitut, a súa lingua nativa, e en inglés ou francés, segundo informou Canadian Press.

    Fonte: Brandon Sun

    14 de xuño de 2011

    Despois dun mes de recollida de sinaturas en Letonia, unha iniciativa cidadá fracasou á hora de conseguir apoios suficientes para cambiar a constitución co fin de garantir que a educación se impartise totalmente na lingua letoa.

    Fonte: ERR News

    14 de xuño de 2011

    O escritor Mario Vargas Llosa comeza unha visita coa que levará o castelán ata China e Xapón da man do Instituto Cervantes. O recente premio Nobel de Literatura protagonizará numerosas iniciativas culturais e académicas para promover a lingua española e a cultura en español.

    Fonte: Finanzas.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder