A Fundación Otero Pedrayo homenaxeou o poeta e catedrático de Lingua Galega Ramón Lorenzo co XXIX Premio Trasalba, que recoñece unha vida e un traballo dedicado á defensa do idioma galego.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Fundación Otero Pedrayo homenaxeou o poeta e catedrático de Lingua Galega Ramón Lorenzo co XXIX Premio Trasalba, que recoñece unha vida e un traballo dedicado á defensa do idioma galego.
Fonte: Europa Press
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer pública a nova orde pola que se regulan os cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas, de nivel medio e superior, dirixidos principalmente a mellorar a capacitación lingüística das traballadoras e dos traballadores públicos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Concellería de Cultura de Tui conmemora o 120 aniversario da celebración na cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega.
Fonte: Galicia Hoxe
O Goberno vasco, o instituto HABE e os Euskaltegis presentaron a campaña de matriculación dos barnetegis de verán "Uda Barnetegiak. Aberto en vacacións". Os responsables animaron a todos os que queiran mellorar o seu nivel de éuscaro a participar na iniciativa, xa que os barnetegis ofrecen a oportunidade de vivir nesta lingua durante as 24 horas do día.
Fonte: Europa Press
Cinco novas linguas do subcontinente índico foron incorporadas ao servizo de tradución de Google (Google tradutor), aínda que de momento nunha fase experimental. As linguas son o bengalí, o guxaratí, o canarés, o támil e o telugú.
Fonte: GMA News
O Parlamento vasco rexeita restarlle peso ao éuscaro na nova oferta pública de emprego (OPE) que Osakidetza (o departamento de Sanidade) está a punto de convocar.
Fonte: Diario Vasco
O voceiro da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, repetiulle a petición do seu colectivo ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, para que non cumpra cunha das súas promesas electorais estrela, a recuperación do topónimo castelán.
Fonte: La Voz de Galicia
O ensino e a investigación do galego amplían a súa dimensión internacional a través das universidades de Birmingham, La Sapienza (en Roma) e Varsovia, grazas ao apoio do Goberno galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Radiotelevisión Española (RTVE) e o Instituto Cervantes asinaron un convenio para promover e difundir a lingua e a cultura españolas. En virtude deste convenio ambas as partes comprométense a impulsar a creación de programas e o intercambio de información.
Fonte: RTVE
O Senado deu o visto e prace definitivo ao cambio de nome das tres provincias vascas, que unha vez que a modificación sexa publicada no BOE pasarán a chamarse oficialmente Araba/Álava, Gipukcoa e Bizkaia.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín