Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xuño de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado propoñen para este verán un programa de dinamización lingüística dirixido a fomentar o uso do galego entre a mocidade a través dos campamentos que organiza a Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xuño de 2011

    Un total de vinte e cinco profesores de todo o país realizou un curso inicial de lingua de signos organizado pola Unidade de Necesidades Educativas Especiais do Ministerio de Educación e o Grupo de Apoio aos Xordos.

    Fonte: Kaieteur News

    28 de xuño de 2011

    O vicerreitor de Relacións Internacionais e Institucionais da Universidade de León (ULE), José Luís Chamosa, manifestou que a formación en idiomas do persoal administrativo e de servizos da institución académica é "o gran reto” para avanzar na internacionalización e na mobilidade.

    Fonte: 20 minutos

    28 de xuño de 2011

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas esixiu información accesible en servizos sanitarios tales como os referidos á saúde reprodutiva e aos procesos de cambio de sexo, onde a lingua de signos e os apoios á comunicación oral, din, están ausentes.

    Fonte: Diario Siglo XXI

    28 de xuño de 2011

    O Diario Oficial da Unión Europea adoptará o Acordo Ortográfico para a lingua portuguesa a partir de xaneiro de 2012, segundo adiantou o responsable do idioma na Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea.

    Fonte: Expresso

    28 de xuño de 2011

    Xa non hai ningún diario impreso escrito en galego. O martes día 28 de xuño chega aos quioscos o último dos 2943 números de Galicia Hoxe, a cabeceira que, desde o 17 de maio de 2003, mantiña na rúa o Grupo Correo Gallego.

    Fonte: El País

    28 de xuño de 2011

    A Xunta de Galicia xa dispón dunha nova modalidade de formación para mellorar a capacitación lingüística en galego do persoal ao servizo das administracións públicas. Trátase dos primeiros cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de xuño de 2011

    O Goberno británico lanzoulle un balón de osíxeno á lingua de Cornualles, que se atopa "en situación crítica", ao darlle financiamento para os próximos tres anos. A antiga lingua fora declarada extinta pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) en 2009 para afastala do abismo un ano despois.

    Fonte: This is Cornwall

    27 de xuño de 2011

    Os xordos de Nova Zelandia van ter un mellor acceso á terceira lingua oficial do país grazas ao lanzamento dun dicionario multimedia da lingua de signos. A base de datos en liña contén arredor de 4000 signos na lingua de signos neozelandesa, acompañados de debuxos lineais e videoclips para amosar como producir cada un dos signos e como utilizalos en contexto.

    Fonte: The New Zealand Herald

    27 de xuño de 2011

    O portavoz do Goberno e conselleiro de Educación, Cultura e Deporte, Rafael Bosch, matizou que o obxectivo do Executivo balear é que os pais poidan escoller a primeira lingua coa que os seus fillos poidan iniciar o proceso educativo máis cedo e, polo tanto, coa que aprendan a ler e escribir.

    Fonte: 20 minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder