Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xullo de 2011

    O alcalde de San Sebastián, Juan Carlos Izagirre, asegurou que se impulsará a lingua e a cultura vascas con motivo da capitalidade cultural da cidade en 2016.

    Fonte: ABC

    01 de xullo de 2011

    A Real Academia Galega (RAG) elaborará un informe que profundará nas causas e posibles solucións ante a mingua do espazo da comunicación en Galicia tras a "desaparición" de varios medios en galego, o máis recente Galicia Hoxe.

    Fonte: Galicia Hoxe

    01 de xullo de 2011

    A pota que trota, Os sete cabritos e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos dos tres contos en formato audiovisual que a Secretaría Xeral de Política Lingüística distribuíu este mes de xuño nos centros educativos de Galicia e tamén nas aulas hospitalarias da comunidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de xuño de 2011

    O quinto centro alemán adscrito ao Instituto Cervantes será inaugurado oficialmente en Hamburgo, onde estudan español algo máis de 1800 alumnos.

    Fonte: Prensa Latina

    30 de xuño de 2011

    A falta de profesores de lingua estranxeira en Vietnam é o principal factor que ameaza o éxito dos programas de ensino de linguas estranxeiras. 2011 é o primeiro ano do período 2011-2015 no que Vietnam desenvolve a grande escala un programa de ensino de linguas estranxeiras, cunha duración de dez anos, para os alumnos do ensino xeral, así como un programa que imparte cursos intensivos de lingua estranxeira para os estudantes de distintos niveis educativos.

    30 de xuño de 2011

    Canadá, a través da Axencia Internacional Canadense para o Desenvolvemento, contribúe con 5,6 millóns de dólares a apoiar a Sri Lanka para que poña en marcha a súa política nacional de linguas. Canadá compartirá con Sri Lanka o seu coñecemento e a súa experiencia para a implantación do bilingüismo.

    Fonte: Colombo Page

    30 de xuño de 2011

    O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recordou o labor realizado por Fermín Bouza Brey a prol da lingua galega no ámbito da xustiza. Fíxoo no acto de homenaxe organizado pola Irmandade Xurídica Galega, que promoveu a instalación dun busto do maxistrado en Pontevedra, na praza que leva o seu nome.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de xuño de 2011

    A lexislación vixente sostén que os graduados en Dereito en Galicia deben estar preparados para satisfaceren na súa actividade profesional os dereitos lingüísticos dos cidadáns recoñecidos na Constitución, o Estatuto de Autonomía ou a Lei de normalización lingüística tales como poder dirixirse en galego á Administración pública con sede en Galicia e esixir o seu uso.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    29 de xuño de 2011

    A Agrupación Universitaria polo Asturiano (CUPA) acaba de presentar ante a Universidade de Oviedo unha reclamación formal sobre o Regulamento de Estudos de Doutoramento para que se permita a presentación de teses de doutoramento en lingua asturiana, unha posibilidade que nestes momentos a norma non recolle.

    Fonte: Europa Press

    29 de xuño de 2011

    A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa prepárase para recibir a Guinea Ecuatorial como novo membro do grupo. Outros países como Ucraína e as Illas Mauricio xa demostraron o seu interese en asociarse.

    Fonte: Fátima Missionária

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder