Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xullo de 2011

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) presentou un vocabulario económico que conta con máis de 5.000 termos e as súas correspondentes definicións.

    Fonte: ABC

    07 de xullo de 2011

    A lingua tamazight xa é oficial en Marrocos. No referendo do 1 de xullo os marroquís votaron a favor da nova Constitución, que prevía, entre outros cambios, outorgarlle ao tamazight o status de lingua oficial de Marrocos en pé de igualdade co árabe.

    Fonte: Linguamón

    07 de xullo de 2011

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, informaron de que Galicia está a cumprir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2011

    Un proxecto educativo bilingüe pretende preservar unha lingua ameazada, o waotededo, falada por case tres mil persoas na rexión amazónica ecuatoriana.

    Fonte: Terra

    06 de xullo de 2011

    O Parlamento austríaco deu un pequeno paso para pór fin a unha antiga disputa coa minoría eslovena do sur do país ao aprobar unha lei que permite duplicar o número de comunidades que poden empregar a sinalización bilingüe.

    Fonte: Monsters and Critics

    06 de xullo de 2011

    Etiquetar produtos só en catalán podería ser imposible se o Parlamento Europeo aproba unha nova directiva que permite aos Estados membros obrigar a que todas as etiquetas estean, como mínimo, nunha das linguas oficiais da Unión Europea, entre as que non está a catalá.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de xullo de 2011

    O polémico borrador do decreto do Goberno valenciano foi denunciado por diversas entidades culturais ante expertos do Consello de Europa por considerar que favorece un “uso irregular” da lingua minoritaria e “incumpre” a Carta Europa das Linguas Rexionais e Minoritarias.

    Fonte: El País

    06 de xullo de 2011

    O número de libros editados en galego incrementouse durante 2010 nun 28,8 %. A Federación de Gremios de Editores de España facía público un adianto do seu Estudio de comercio interior del libro en España. Este ascenso é o maior de todas as linguas de edición do Estado, moi por riba do 5,6 % en que medrou a produción en castelán, o 3,5 % do éuscaro ou o 0,7 % en catalán.

    Fonte: Culturagalega.org

    06 de xullo de 2011

    Un total de 90 estudantes procedentes de 26 países aprenderán lingua e cultura galegas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) durante este mes de xullo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2011

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, viaxan a Madrid para manter o seu primeiro encontro institucional co Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder