O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no encontro Empresa e Identidade, que busca poñer en valor o compromiso das empresas coa lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no encontro Empresa e Identidade, que busca poñer en valor o compromiso das empresas coa lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A deputada do Parlamento boliviano, Flora Oyardo, presentou un proxecto de lei que propón a creación da Academia Boliviana de Idiomas e Costumes Indíxenas para garantir o ensino do idioma e a cultura das 36 nacións e pobos indíxenas de Bolivia.
Fonte: La Razón
Un informe publicado polo Tribunal Waitangi en Nova Zelandia mostra que, malia o incremento das iniciativas destinadas á promoción da lingua maorí, esta está seriamente ameazada. A porcentaxe de maorís que fala a lingua nativa declinou de 1996 a 2006, incluído un significativo descenso dos nenos menores de 10 anos que falan a lingua. Ademais, o número de persoas que recibe unha educación en lingua maorí e o das que a aprenden nas institucións de ensino superior tamén caeu desde 1990.
A Rede de centros plurilingües de Galicia estará formada o vindeiro curso por máis dun cento de centros educativos de primaria e secundaria nos que se poderá impartir ata un terzo do horario lectivo nunha lingua estranxeira.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Rosalía de Castro veñen de ratificar a súa colaboración para fomentar o uso do galego a través da literatura, na semana en que se cumpren 126 anos do pasamento da escritora.
Fonte: Xunta de Galicia
Esta iniciativa consolida a aposta da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) polo ensino desta lingua, e que se verá reforzada coa celebración do curso “Introdución á literatura hebrea a partir dos textos”, que se impartirá entre setembro de 2011 e xuño de 2012.
Fonte: ABC
O candidato á presidencia do Principado por Foro Asturias, Francisco Álvarez Cascos, presentou unha serie de propostas para renovar o sistema educativo asturiano que introducirá a novidade do estudo do chinés xunto co castelán e o inglés.
Fonte: El Economista
Un cóctel de música e videoxogos facilitaralles a aprendizaxe do éuscaro aos mozos da comarca de Getxo de entre 16 e 25 anos. Esa combinación efectuouna a antropóloga australiana Philippa Bar, gañadora do concurso de ideas ao que presentou esa proposta que agora está en fase de elaboración e concluirá para xaneiro de 2012.
Fonte: El Correo
Así consta no convenio asinado entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), dependente do Goberno central, e o Instituto Valenciano do Audiovisual e a Cinematografía Ricardo Muñoz Suay (IVAC), dependente da Administración autonómica.
Fonte: ABC
Se as linguas nativas de Alasca desaparecen na próxima xeración non será porque non se fixera abondo por salvalas, afirmou Gary Holton, profesor de lingüística do Centro de Linguas Nativas de Alasca. Ademais, defendeu que se desenvolveron iniciativas importantes como, por exemplo, as escolas de inmersión en linguas nativas e os programas de formación de profesores. Porén, malia todos estes esforzos, admite que a situación é moi grave para moitas das linguas nativas deste estado.
Subscríbase ao boletín