Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xullo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o alcalde do concello de Ames, Santiago Amor, mantiveron o seu primeiro encontro institucional, no que puideron compartir os intereses dos gobernos autonómico e local a prol da extensión social do galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de xullo de 2011

    Este ano, as tres primeiras películas da historia do cine “concibidas e realizadas integramente en éuscaro” verán a luz grazas a un ímprobo traballo de restauración centrado na imaxe e no son, que se atopaban moi deteriorados.

    Fonte: Noticias de Navarra

    19 de xullo de 2011

    Trátase dun concurso de postais en éuscaro cuxo obxectivo é o de animar a poboación para que utilice este idioma nas comunicacións informais e escritas. Por isto, a convocatoria busca que os ermuarras que o desexen envíen unha postal escrita en éuscaro desde os seus lugares de veraneo ou descanso.

    Fonte: El Correo

    19 de xullo de 2011

    Estes cursos, de nivel A1 de asturiano, contan con 20 prazas e celebraranse en Xixón, Oviedo e Avilés. Dirixidos a maiores de 17 anos, teñen un prezo de 320 euros.

    Fonte: Asturnews

    19 de xullo de 2011

    Os tres maiores partidos da oposición de Montenegro presentaron proxectos de emenda á Constitución para facer que o serbio sexa idioma oficial. A oposición quere que se engada un novo artigo á Constitución que estableza que "se un censo de poboación mostra que algunha das linguas de uso oficial é falada por unha maioría da poboación, sexa idioma oficial".

    Fonte: EMG

    19 de xullo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, reuniuse co alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, co fin de valorar iniciativas para a dinamización social do idioma entre o Goberno local e o autonómico.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de xullo de 2011

    Unha intérprete de lingua de signos da Asociación Musorex traduciu desde a escena os diálogos e diferentes pasaxes desta obra, escrita por Miguel Murillo e ambientada na Mérida de 1936.

    Fonte: ABC

    18 de xullo de 2011

    O proxecto Lonxa das Letras, segundo os seus creadores, "está destinado a facilitar o acceso á literatura galega dentro e fóra de Galicia".

    Fonte: El Correo Gallego

    18 de xullo de 2011

    A Lei de idiomas indíxenas de Venezuela, que busca revitalizar as culturas ancestrais e fortalecer o pensamento indoamericano, foi traducida xa a 17 linguas autóctonas deste país suramericano.

    Fonte: Prensa Latina

    18 de xullo de 2011

    A lingua chinesa é unha das máis utilizadas en internet, en concreto a segunda despois do inglés, segundo afirmou un funcionario.

    Fonte: The Times of India

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder