O programa de dinamización lingüística O galego campa xa está nos campamentos de verán da Xunta de Galicia para promover o uso do galego entre a mocidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O programa de dinamización lingüística O galego campa xa está nos campamentos de verán da Xunta de Galicia para promover o uso do galego entre a mocidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa se puxo en marcha o XXII Concurso literario en éuscaro para autores noveis que organiza o Concello de Pamplona, cuxas obras se poden presentar en cada unha das modalidades ata o 13 de outubro. Na anterior edición, en 2008, presentáronse un total de trece traballos nas distintas categorías.
Fonte: Noticias de Navarra
Un total de 26 autoescolas de Guipúscoa ofrece a posibilidade de formarse e realizar o exame teórico en éuscaro. Polo momento, os aspirantes non poderán facer o propio co exame práctico, aínda que é previsible que a DXT dea o seu visto e prace neste sentido.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Universidade de Santiago de Chile (Usach) capacitou a un grupo de educadores para ensinar linguas indíxenas en colexios que teñen nas súas aulas a un alto número de nenos provenientes de etnias orixinarias.
Fonte: Noticias123
Os bolivianos terán agora unha nova ferramenta para defender as diferentes linguas indíxenas orixinarias, a partir dun proxecto elaborado por membros desas mesmas comunidades.
Fonte: Prensa Latina
O BNG de Bergantiños entregou os seus premios anuais Patria e Lingua, cos que recoñece o emprego e a defensa da lingua galega por parte dos empresarios da comarca.
Fonte: La Opinión
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, trasladoulle ao responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, a vontade do seu concello de colaborar coa Xunta no fomento social do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Un 81 % da poboación valora positivamente o proxecto de ensino trilingüe (en éuscaro, castelán e inglés) do Departamento de Educación do Goberno Vasco. O estudo realizado por esta institución sinala, ademais, que un terzo da poboación escribe e fala inglés.
Fonte: Aprende+
O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, indicou á Asociación Universitaria polo Asturiano (CUPA) que un cambio no regulamento da institución académica permitirá que poidan presentarse teses en asturiano, segundo informou a asociación.
Fonte: La Voz de Asturias
En Nova Guinea fálanse máis de 1000 linguas, ao redor de 800 en Papúa Nova Guinea e 200 na Papúa Indonesia, pero a maioría ten menos de 1000 falantes, a miúdo localizados nunha vila ou un conxunto de aldeas.
Fonte: Bangkok Post
Subscríbase ao boletín