Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de febreiro de 2011

    A lingua galega amplía a súa presenza no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. Faino a través das versións dos últimos produtos tecnolóxicos para traballar e vivir en galego: Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de febreiro de 2011

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, presiden o luns 21 de febreiro o acto de conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna no Centro Cultural da Deputación ourensá.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de febreiro de 2011

    Estudos recentes elaborados na Universidade Estatal de Pensilvania (EUA) demostran que os falantes bilingües avantaxan as persoas que só falan unha lingua nalgunhas habilidades mentais, como por exemplo a capacidade de ignorar datos irrelevantes para concentrarse na información esencial.

    Fonte: Bloomberg Businessweek

    20 de febreiro de 2011

    Un estudo de investigación dirixido por científicos canadenses advirte que a aprendizaxe e a práctica habitual de linguas estranxeiras pode contribuír á prevención do alzhéimer máis que calquera fármaco dispoñible para o tratamento da enfermidade.

    Fonte: The Australian

    20 de febreiro de 2011

    Varios estudos dirixidos por Susan Goldin-Meadow, profesora de psicoloxía da Universidade de Chicago, demostran que a falta de habilidades lingüísticas pode dificultar a comprensión dos conceptos máis esenciais das matemáticas.

    Fonte: Education Week

    18 de febreiro de 2011

    Aprender inglés abre cada vez máis portas a unha maior calidade de vida na India. Na sociedade india actual, o inglés é unha lingua esencial para conseguir empregos cualificados e úsase cada vez máis como medio de comunicación entre cidadáns indios de diferentes estados.

    Fonte: SOS CHILDREN'S VILLAGES

    18 de febreiro de 2011

    O municipio salmantino de Villasrubias celebrará un congreso onde expertos debaterán e analizarán a situación dalgunha linguas minoritarias do oeste de Castela e León e de Estremadura.

    Fonte: ABC

    18 de febreiro de 2011

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) presentou unha das súas campañas estrela este 2011. “En valencià” é unha iniciativa de acción cidadá para promover a lingua na rúa, cun maior uso social. Un total de 63 municipios da Comunidade Valenciana xa se adheriron.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    18 de febreiro de 2011

    A Consellería de Educación Valenciana propón que nos centros que formen parte da rede plurilingüe os alumnos poidan escoller se queren realizar as probas oficiais en valenciano ou castelán, con independencia da lingua en que se imparta a materia.

    Fonte: El Mundo

    18 de febreiro de 2011

    “A implicación dos avós e das avoas, dos pais e das nais e tamén dos fillos e das fillas é imprescindible para afianzar a transmisión lingüística do galego na familia, así como para a extensión social do idioma”, afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder