Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de febreiro de 2011

    Necesitáronse case dous anos, tres decretos e moitísimas horas de traballo para pór un pouco de orde na maraña de títulos e certificacións acreditativos do coñecemento do éuscaro que se foron creando e superpoñendo nas últimas décadas.

    Fonte: Diario Vasco

    22 de febreiro de 2011

    O incremento progresivo da docencia en valenciano para conseguir en cinco anos pasar da oferta actual do 25 ao 50 % na Universidade de Valencia (UV) non pasou a criba do seu claustro.

    Fonte: levante-emv.com

    22 de febreiro de 2011

    A CIG-Ensino vai reclamar a Educación que, como mínimo, unha parte das oposicións ao ensino se realice en galego "como mellor forma de garantir que o profesorado que acceda á función pública en Galicia reúna a formación necesaria para cumprir o establecido en materia lingüística".

    Fonte: Galicia Hoxe

    22 de febreiro de 2011

    Xogar coas palabras, coa expresión oral, coa creación de suxestivos espazos sonoros e, sobre todo, dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá a través da reflexión colectiva sobre a realidade sociolingüística son os obxectivos do Concurso de Teatro Radiofónico Lido.

    Fonte: Concello de Ames

    22 de febreiro de 2011

    O programa de dinamización lingüística Bocaberta visita nos próximos días 24 concellos para achegarlles a lingua galega aos máis novos a través das actividades máis divertidas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de febreiro de 2011

    Arredor dunha decena de linguas nativas están en perigo de desaparición ou nun estado crítico en Arxentina e os expertos, os organismos oficiais e as comunidades deben tomar medidas innovadoras para parar esta tendencia, alertou a Unesco.

    Fonte: Tucumán Noticias

    21 de febreiro de 2011

    En Cantabria, A Rioxa, Castela-A Mancha ou Canarias non hai un só centro académico que imparta cursos de galego, catalán e vasco e fóra dos seus respectivos ámbitos lingüísticos a oferta educativa segue a ser moi limitada. Outros países parecen máis conscientes da realidade plurilingüe de España, xa que neles a oferta é relativamente máis alta.

    Fonte: Público

    21 de febreiro de 2011

    O Tribunal Supremo desestimou o recurso contencioso-administrativo presentado pola Generalitat de Cataluña para que o coñecemento da lingua cooficial dunha comunidade autónoma sexa un mérito “determinante” no nomeamento de membros substitutos do Ministerio Fiscal.

    Fonte: 20 minutos

    21 de febreiro de 2011

    O pleno do Parlamento de Navarra rexeitou a toma en consideración dunha proposición de lei foral de normalización do éuscaro en Navarra, presentada por Nafarroa Bai, que propuña derrogar a normativa vixente e estender a oficialidade do éuscaro en toda a Comunidade foral.

    Fonte: Europa Press

    21 de febreiro de 2011

    A Xunta de Galicia promove a educación en valores a través do potencial educativo do deporte coa mostra Educación, deporte e valores que foi presentada no CEP Salustiano Rey Eiras, da Pobra do Caramiñal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder