Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de agosto de 2011

    As linguas indíxenas e non inglesas coma o gullah, que provén dos escravos de África occidental e contén algo de inglés, enfróntanse a númerosos obstáculos para sobrevivir actualmente en Estados Unidos. Entre eles inclúense a falta de recursos, o feito de que a maioría dos falantes está morrendo e o estigma de que estas linguas son para persoas sen formación.

    Fonte: Kansas City

    29 de xullo de 2011

    Máis de 100 estudantes procedentes de preto de 30 países rematan os cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros que levaron a cabo, durante o mes de xullo, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de xullo de 2011

    Nas súas relacións verbais cos cidadáns, tanto presenciais como por vía telefónica, os servizos administrativos municipais ofrecerán a primeira atención en catalán e continuarán na lingua cooficial elixida polo interlocutor, “respectando a súa opción lingüística”.

    Fonte: Diario de Mallorca

    29 de xullo de 2011

    O Ministerio de Educación de Tailandia insta as escolas de todo o país a promover o estudo da lingua chinesa, dado que se considera unha ferramenta importante para contribuír ao desenvolvemento educativo a nivel internacional.

    Fonte: The Thai Financial Post

    29 de xullo de 2011

    A tese de doutoramento de M.ª Teresa Veiga analiza a expresión da cor na documentación medieval en lingua galega, tanto en textos orixinais como en fontes traducidas e ten como finalidade contribuír ao coñecemento deste vocabulario e á reconstrución dun sistema de termos cromáticos sen castelanismos.

    Fonte: Universidade de Vigo

    29 de xullo de 2011

    A poboación con discapacidade auditiva debe sor­tear na vida cotiá diversas barreiras á hora de querer comunicarse con outros debido ao escaso coñecemento da súa lingua de signos.

    Fonte: El Día

    29 de xullo de 2011

    O Banco Pastor vén de promover un servizo de videointerpretación para os clientes con xordeira. Segundo Feliciano Sola, presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), trátase da primeira vez en España que unha empresa privada pon en marcha unha iniciativa social desta índole contando coa colaboración dunha entidade como a devandita Federación.

    Fonte: Código Cero

    28 de xullo de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolverán, ao longo deste ano e durante o 2012, un programa de actuacións en materia de investigación lingüística a través do Instituto da Lingua Galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xullo de 2011

    Só os profesores e os empregados do Goberno autonómico que atendan o público deberán acreditar o coñecemento da lingua catalá, no resto dos casos será un mérito.

    Fonte: La Voz de Barcelona

    28 de xullo de 2011

    Euskaltzaindia presentou dúas importantes publicacións. En primeiro lugar, a Academia do Éuscaro deu a coñecer o CD-ROM que recolle o contido das importantes charlas do XVI Congreso Internacional da institución, celebrado en Iruñea en 2008. En segundo lugar, presentou os dous novos números de Euskera, o órgano oficial da Academia.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder