Os gobernos dos estados mexicanos de Quintana Roo, Iucatán e Campeche presentarán un plan para promover o maia como segunda lingua no sistema educativo do sueste do país.
Fonte: Milenio
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os gobernos dos estados mexicanos de Quintana Roo, Iucatán e Campeche presentarán un plan para promover o maia como segunda lingua no sistema educativo do sueste do país.
Fonte: Milenio
O conselleiro federal suízo Pascal Couchepin, Grand Témoin de la Francophonie (figura que ten como misión o respecto da regra 24 da Carta Olímpica que lle confire ao francés o estatuto de lingua oficial dos Xogos Olímpicos), e John Furlong, director xeral do comité de organización dos Xogos Olímpicos e Paraolímpicos de inverno de 2010 en Vancouver (COVAN), asinaron o 14 de agosto un convenio para a promoción da lingua francesa nesta cita deportiva.
O secretario xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan (ERC), declarou que o Goberno desta comunidade manterá a súa política lingüística aínda que o Tribunal Constitucional (TC) anule o artigo do Estatuto sobre a obrigatoriedade de coñecer o catalán, un recorte que cualificou de "inaceptable e ilexítimo".
Fonte: Diario del Alto Aragón
Esta comunidade indíxena de máis de 1.700 habitantes, que subsiste en medio da maraña selvática en Colombia, grazas ao esforzo común e a organización, mantén a súa lingua case intacta.
Fonte: El Tiempo
Os especialistas galegos da plataforma empresarial IRI para o multilingüismo -formada por tres empresas que pretenden potenciar a normalización das linguas cooficiais no sector empresarial galego, vasco e catalán- alertaron de que a actual "crispación política" en Galicia sobre o idioma e a "falta de axudas" desde a Administración, provocan "impedimentos" para o impulso do galego nas empresas como "factor diferencial" de cara ao público.
O Instituto Navarro del Vascuence-Euskarabidea fixo pública a convocatoria de axudas para a realización de actividades culturais en éuscaro e de fomento desta lingua nas tecnoloxías da información e a comunicación.
Fonte: ABC
A presidenta do Goberno de Ucraína, Yulia Timoshenko, dixo que insistirá en que a república teña só un idioma oficial, o ucraíno.
Fonte: RIA Novosti
A Consellería de Educación cifrou en preto dun 40 % o crecemento do ensino en valenciano nos últimos sete anos xa que este curso finalizou con 56.849 alumnos máis que no de 2001-02, ao pasar de 140.000 a 196.849 estudantes, segundo informou a Generalitat de Valencia nun comunicado.
Fonte: Europa Press
A Junta de Castilla y León aprobou unha partida de 524.628 euros para a contratación do servizo de intérpretes de lingua de signos destinado á atención de alumnado xordo dos centros docentes públicos desta comunidade durante o curso escolar 2009-10.
Fonte: Icalnews
A sociedade bíblica de Kenia coordinou e dirixiu a primeira tradución da Biblia á lingua da poboación pokot, que habita nas chairas do noroeste de Kenya e en parte de Uganda.
Fonte: Catholic.net
Subscríbase ao boletín