Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de agosto de 2009

    A aprobación e normalización da Lei de linguas foi unha das peticións máis escoitadas no II Foro de Política Lingüística desenvolvido na Sala Bicameral do Congreso Nacional en Paraguai.

    Fonte: Última Hora

    18 de agosto de 2009

    A dobraxe nas linguas autonómicas en España non logra despegar, a pesar de que a lei a promove e de que no caso de Cataluña se prevé o establecemento de cotas para dobrar ao catalán.

    Fonte: El Correo Digital

    18 de agosto de 2009

    O Ministerio de Educación de Guinea Ecuatorial anunciou a inclusión da materia de francés para o curso escolar 2009-2010 nos centros de ensinanza primaria do país.

    Fonte: La Voz de Galicia

    18 de agosto de 2009

    O Novo Partido Democrático adoptou unha resolución priorizando o emprego do francés nos centros de traballo de Quebec.

    Fonte: Rock Détente

    18 de agosto de 2009

    O tribunal administrativo de Estrasburgo recibiu dous recursos ante o incumprimento do bilingüismos francés-alemán en dous centros de ensino situados en Alsacia e Mosela.

    Fonte: Actualitté

    18 de agosto de 2009

    A responsable da recuperación do minderico, sociolecto falado en Minde, no concello portugués de Alcanena, é a lingüista portuguesa Vera Ferreira que conta co apoio financeiro da Fundación Volkswagen.

    Fonte: Público

    18 de agosto de 2009

    Segundo a concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, Guadalupe Rodríguez, o principal obxectivo do campamento é "axudar" á "conciliación" da vida laboral e familiar, aínda que tamén se pretenderá a "inmersión lingüística" dos nenos co obxectivo de que "falen galego" precisamente nun medio "próximo á natureza".

    Fonte: Europa Press

    14 de agosto de 2009

    O director da inspección lingüística de Estonia declarou que cómpre prohibirlles aos funcionarios conceder entrevistas en ruso, xa que representan o Estado estoniano e deben comunicarse co público na lingua oficial do país.

    Fonte: RIA Novosti

    14 de agosto de 2009

    A Asociación para a Defensa do Consumidor (DECO) acusa a compañía aérea Easyjet de violar a Lei de defensa do consumidor de Portugal ao non admitir reclamacións en lingua portuguesa.

    Fonte: EPA

    14 de agosto de 2009

    O Festival que se celebra en Tapia de Casariego ata o día 23 de agosto aumenta a súa duración e fai especial énfase en promover a lingua asturiana.

    Fonte: El Comercio Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder