Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de agosto de 2009

    Un lexislador nepalés e líder do partido Madhesi pediu que o hindi, que desempeñou un papel fundamental na unificación de Nepal, sexa recoñecido como a segunda lingua nacional na Constitución do país.

    Fonte: Hindu

    07 de agosto de 2009

    O ministerio encargado da comunidade marroquí residente no estranxeiro acaba de asinar en Rabat dous convenios de colaboración coa Asociación das Escolas Marroquís en Quebec (Canadá) e o Centro Social e Cultural Marroquí en Saint-Étienne (Francia) que teñen como obxectivo a promoción do ensino da lingua e a cultura árabes entre os nenos.

    Fonte: Le Matin

    06 de agosto de 2009

    As persoas usuarias do iPhone xa poden consultar e acceder, a través de diferentes métodos de procura, a todos os termos do dicionario da Real Academia Galega, así como ás súas definicións, sinónimos e antónimos, grazas a esta aplicación.

    Fonte: CEG

    06 de agosto de 2009

    Co fin de incrementar o número de empresas exportadoras, a Axencia de Desenvolvemento Económico da Rioxa (Ader) puxo a disposición das empresas un servizo de tradución simultánea en 33 idiomas, tanto de voz como de textos, que busca eliminar as barreiras idiomáticas que poidan xurdir á hora de exportar produtos.

    Fonte: ABC

    06 de agosto de 2009

    Unha das plataformas en defensa da lingua galega que agromaron dende o cambio de goberno da Xunta de Galicia, Prolingua, puxo a disposición dos internautas a súa páxina web.

    Fonte: Xornal.com

    06 de agosto de 2009

    Unha cidade situada no suroeste de China pídelles aos seus funcionarios que aprendan cinco linguas estranxeiras co fin de estreitar lazos cos seus veciños do sueste asiático. Un xefe do Partido Comunista de Kunming, a capital da provincia de Yunnan que limita con Laos, Myanmar e Vietnam, anunciou o difícil requisito.

    Fonte: Asia One News

    06 de agosto de 2009

    A elección do suahili como lingua da futura federación dos Estados Unidos de África non agrada a todo o mundo. Thierno Aliou Bâ, doutor en Ciencias da Educación e presidente de USE (Unión para a Solidariedade e a Axuda Mutua), estima que sería un precedente grave "preferir o suahili ao fulfulde".

    Fonte: Le Quotidien

    06 de agosto de 2009

    O Ministerio de Defensa recalcoulle ao deputado de ERC no Congreso, Joan Tardà, que o castelán é a lingua que deben empregar os militares "nos actos e relacións de servizo", aínda que tamén poden utilizar as linguas cooficiais nas dependencias administrativas e con servizo ao público.

    Fonte: Europa Press

    05 de agosto de 2009

    Lanzouse o primeiro teléfono móbil para falantes de galés, con menús e texto preditivo nesta lingua. O Samsung S5600, que proporciona Orange, estará dispoñible a partir de setembro. Na festa nacional Eisteddfod tamén se deu a coñecer unha aplicación para iPhone destinada ás persoas que aprenden galés.

    Fonte: BBC News

    05 de agosto de 2009

    O escritor angolano Francisco Ngola opinou en Luanda que a falta de incentivos desanimou a escritores e editoriais a investir na publicación de libros escritos exclusivamente en linguas vernáculas, preferindo no seu lugar obras bilingües ou só en portugués.

    Fonte: ANGOP

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder