Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de agosto de 2009

    O bearnés, como certo número de linguas rexionais de Francia, está en pleno renacemento. Dende hai varias décadas, varias asociacións loitan por poñer de relevo a cultura e a lingua bearnesa e este traballo comeza a dar os seus froitos.

    Fonte: Novopress

    05 de agosto de 2009

    O ensino do español en Brasil, que a partir do ano 2010 será de oferta obrigatoria nas escolas, gañará espazo tamén a través de internet, grazas ao convenio subscrito polo Instituto Cervantes e o Goberno brasileiro.

    Fonte: Informador

    05 de agosto de 2009

    Cerca de 9.000 alumnos de infantil e primaria estudarán o vindeiro curso en dous idiomas, uns 1.500 máis dos que o fixeron o pasado. O Departamento de Educación ampliará en setembro o ensino bilingüe a dez escolas, coas que en total xa serán 48 as que impartan materias en inglés, francés ou alemán.

    Fonte: Heraldo de Aragón

    05 de agosto de 2009

    Das seis mil linguas do mundo, dúas mil fálanse en África. Moitas non teñen forma escrita, algunhas aínda non contan con nome e outras probablemente desaparecerán. Por este motivo, un grupo de lingüistas está a traballar para salvar estas linguas en perigo de extinción, tarefa na actualidade máis doada grazas á utilización das novas tecnoloxías.

    Fonte: Terra

    04 de agosto de 2009

    A Fundación de Lingua Francesa para a Innovación Social e Científica (FLFISETS), indignada porque certos embaixadores estranxeiros que teñen o seu posto en Canadá non poidan expresarse en francés, demanda que esta situación cambie nun prazo de seis meses.

    Fonte: Canoë

    04 de agosto de 2009

    A portavoz de Educación do grupo parlamentario popular nas Cortes Valencianas, Maira Barrieras, destacou que a posibilidade de impartir diferentes materias en inglés, que está estudando a Generalitat Valenciana, "contribuirá á mellor formación dos estudantes valencianos e a que sexan máis competentes á hora de acceder ao mundo laboral".

    Fonte: Levante

    04 de agosto de 2009

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aposta pola promoción do idioma galego nas zonas que limitan con Galicia e, en particular, coa comarca leonesa do Bierzo. Este compromiso subliñouno o seu titular, Xesús Vázquez Abad, durante a súa estancia no Concello de Manzaneda.

    Fonte: La Región

    04 de agosto de 2009

    O recoñecemento da especialidade de Lingua Asturiana, tanto na educación primaria, como na secundaria, está á espera dun ditame do Ministerio de Educación que o Principado confía en que se publique a principios do mes próximo.

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de agosto de 2009

    O Goberno escocés está tomando medidas inmediatas para protexer o futuro da lingua gaélica. O ministro de Cultura, Mike Russell, e a secretaria de Educación, Fiona Hyslop, anunciaron que os funcionarios traballarán máis estreitamente coa organización de promoción da lingua Bòrd na Gàidhlig durante os próximos tres meses para identificar que accións se precisan para aumentar o número de falantes.

    Fonte: The Press and Journal

    03 de agosto de 2009

    A proposta de novos Estatutos que a Xunta Directiva do FC Barcelona someterá á aprobación da Asemblea de Compromisarios do próximo 19 de agosto quere introducir diferentes cambios. Un é o "recoñecemento estatutario do catalán como lingua propia do FC Barcelona e de utilización normal e preferente en todas as actividades do Club".

    Fonte: E-Notícies

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder