Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xullo de 2009

    Os teléfonos móbiles en Perú terán os seus menús en quechua e aimará, as dúas linguas máis faladas despois do español, para facilitar a comunicación de aproximadamente un 15 por cento da súa poboación, segundo informou unha das operadoras de telecomunicacións.

    Fonte: Finanzas

    28 de xullo de 2009

    Despois de que o líder do Partido da Sociedade Democrática, Ahmet Türk, se dirixira aos seus deputados no Parlamento na súa lingua materna, o kurdo, Turquía comezou a considerar a posibilidade de ofrecer clases tanto na lingua oficial coma nas linguas propias das minorías nacionais, sobre todo o kurdo.

    Fonte: Today's Zaman

    28 de xullo de 2009

    A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, concedeu este ano un total de 64 bolsas a mozos e mozas galegas co obxectivo de facilitarlles o estudo dun idioma no estranxeiro durante este verán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xullo de 2009

    'Aran per sa lengua' (Arán pola súa lingua), a carreira popular organizada polo colectivo de Lenga Viua, reuniu a un milleiro de persoas para percorrer os lugares do Val de Arán e reivindicar así o uso social da lingua aranesa.

    Fonte: La Vanguardia

    27 de xullo de 2009

    O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) viuse obrigado a dobrar o número de cursos de catalán para inmigrantes no verán en Menorca debido á alta demanda existente.

    Fonte: Última Hora

    27 de xullo de 2009

    A Axencia de Turismo de Xapón decidiu modificar o sistema apoiado polo Goberno para rexistrar os hoteis que ofrecen servizos para os turistas estranxeiros, de xeito que os hoteis terán que contratar a máis persoal que saiba falar chinés ou coreano, e non só inglés, de acordo coa información facilitada.

    Fonte: The Japan Times

    27 de xullo de 2009

    O presidente da Xunta de Galicia reiterou o seu compromiso de derrogar o decreto do galego no ensino, aínda que se comprometeu a manter "aulas bilingües", pois na súa opinión "ninguén pode exercer a liberdade de utilizar un idioma ou outro se só sabe un". Descarta por completo a segregación por idioma: "Non está ben nin desde o punto de vista educativo nin desde o punto de vista social".

    Fonte: El Correo Gallego

    27 de xullo de 2009

    A Igrexa decidiu adaptarse á demanda de milleiros de fieis estranxeiros que chegan no verán e ofrecer cerimonias en distintos idiomas. Segundo a Diocese de Málaga, algunhas parroquias desta provincia xa están ofrecendo diversos servizos a estes fregueses que veñen na época estival.

    Fonte: El Mundo

    27 de xullo de 2009

    China vai lanzar unha canle de televisión en lingua árabe para mostrarlle a Oriente Medio e ao norte de África a China "real". A canle da Televisión Central de China emitirá noticias, así como programas de entretemento e culturais, as 24 horas.

    Fonte: BBC

    27 de xullo de 2009

    O Consello de Goberno aprobou o acordo administrativo entre a Consellería de Educación valenciana e a entidade Hanban para integrar en centros educativos da Comunidade Valenciana a profesores voluntarios de chinés durante o curso 2010-2011.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder