Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de xullo de 2009

    O voceiro de Asuntos Exteriores de CiU no Congreso, Jordi Xuclà, reclamoulle ao Goberno que traballe no seo da Unión Europea para garantir o uso do catalán, éuscaro e galego en todas as institucións europeas. Na actualidade, aínda non é posible no Tribunal de Contas da UE.

    Fonte: Europa Press

    30 de xullo de 2009

    A capital de Paraguai albergou un foro internacional para celebrar a decisión do Parlamento do Mercado Común do Sur (Mercosur) que recoñece o guaraní como idioma oficial desta organización suramericana.

    Fonte: Escambray

    30 de xullo de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria destina 81.980 euros aos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino privados das catro provincias galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de xullo de 2009

    Despois de dous anos e medio do acordo entre Google e a Biblioteca de Cataluña, dixitalizáronse 35.000 libros do máximo centro bibliográfico catalán. Segundo Luis Collado, responsable de Google na península ibérica, o catalán xa é agora o décimo cuarto idioma máis usado en Google Books.

    Fonte: Avui

    29 de xullo de 2009

    Dous investigadores de Melbourne identificaron trinta linguas "novas" como linguas vivas en China, a cifra máis alta para un só país. O investigador titulado pola Universidade La Trobe, Jamin Pelkey, e o director David Bradley descubriron as linguas en China.

    Fonte: Australian News

    29 de xullo de 2009

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria instou a que a sociedade "cumpra a legalidade vixente" e rexeitou a proposta realizada por Galicia Bilingüe que animaba a que os galegos adquiran e utilicen os libros de texto "no idioma oficial que prefiran" e, mesmo, a utilizar o castelán nas materias impartidas en galego.

    Fonte: El País

    29 de xullo de 2009

    O colectivo Euskal Herria Euskaraz solicitou no último pleno, co aval de 800 sinaturas, a aprobación dunha ordenanza do éuscaro. A concelleira de Cultura e Éuscaro, Sara Chamizo, adiantou que o consistorio se atopa traballando nela e animou o colectivo a presentar propostas para ser valoradas.

    Fonte: El Correo Digital

    29 de xullo de 2009

    O 29 de xullo os tailandeses conmemoran o Día Nacional da Lingua Tailandesa e en Phuket foi celebrado durante a semana con cerimonias nas que participaron máis de 1000 estudantes, historiadores e investigadores de prestixio. As celebracións na Universidade Rajaphat de Phuket incluíron un concurso literario, un concurso de música folk tailandesa, bailes tradicionais e intervencións de destacados estudosos sobre a importancia de preservar a lingua escrita da nación.

    29 de xullo de 2009

    O Concello de Alboraia decidiu eliminar a oficina para a promoción do uso do valenciano e convértese así no primeiro municipio da Comunidade Valenciana en facer desaparecer este órgano, segundo denunciaron técnicos lingüísticos municipais de varias localidades.

    Fonte: ADN

    28 de xullo de 2009

    O número de alumnos de español cuadriplicouse practicamente nos últimos tres anos académicos, pois pasou de 13.993 a 49.873, segundo unha fonte oficial do Ministerio de Educación. Isto débese principalmente ás oportunidades de acceso ao ensino superior e ao mercado de traballo.

    Fonte: Diário de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder