Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de agosto de 2009

    O Festival que se celebra en Tapia de Casariego ata o día 23 de agosto aumenta a súa duración e fai especial énfase en promover a lingua asturiana.

    Fonte: El Comercio Digital

    14 de agosto de 2009

    As interpretacións e traducións de linguas estranxeiras nos xulgados da provincia de Alacante aumentaron un 52 % durante o primeiro semestre do ano con respecto ao mesmo período de 2008 ao alcanzar as 4.604. O árabe, con 1.161 actuacións, o inglés, con 838, e o romanés, con 621, son as linguas máis utilizadas.

    Fonte: La Verdad

    14 de agosto de 2009

    O PSdeG proporá ao Parlamento medidas de promoción do galego para "tomar a temperatura do PP" respecto á cuestión lingüística, segundo anunciou o seu portavoz parlamentario na materia, Francisco Cerviño.

    Fonte: El País

    14 de agosto de 2009

    Os alumnos que se incorporen ao sistema educativo vasco procedentes doutras comunidades non terán a obrigación de examinarse de éuscaro. Poderán aprender, se o desexan, a lingua vasca, pero sen obriga de examinarse.

    Fonte: El País

    13 de agosto de 2009

    A aplicación iPhoneCat, que permite traducir todo o menú de navegación ao catalán, xa está en máis de 4.000 dispositivos. Os autores desta aplicación gratuíta aseguraron que Apple "non está interesada en facer a tradución ao catalán nin do iPhone nin do sistema operativo Mac OS X", e que, en caso de que algún día estean, eles poñen a disposición do fabricante a súa tradución.

    Fonte: E-Notícies

    13 de agosto de 2009

    O portal educativo bilingüe Skoool, cuxo contido está dispoñible en español e en quiché -considerado o "idioma franco dos maias"-, foi lanzado en Guatemala. O portal ofrecerá leccións en liña, así como recursos didácticos dixitais tanto en español como en quiché.

    Fonte: La Tercera

    13 de agosto de 2009

    Os nenos que falan inglés como primeira lingua son agora minoría nas escolas primarias de Londres, segundo cifras oficiais publicadas en Gran Bretaña. Os menores cuxas nais falan outro idioma son maioría nas escolas primarias da capital británica.

    Fonte: La Tercera

    12 de agosto de 2009

    Os farmacéuticos de Macedonia estudarán a lingua de signos utilizada polas persoas xordas. Cada municipio do país contará, polo menos, con dúas farmacias con persoal formado para facilitar a comunicación cos cidadáns que sofren discapacidade auditiva, mentres que en Skopje haberá 10 farmacias con este servizo.

    Fonte: Focus Information Agency

    12 de agosto de 2009

    O que fora primeiro presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, aposta por "chegar a un consenso" no uso do idioma na educación, ao tempo que considera "bo" que os pais opinen na recente enquisa promovida polo Departamento de Educación.

    Fonte: Europa Press

    12 de agosto de 2009

    Máis de 39.000 alumnos de primaria e de secundaria acudiron este curso escolar aos oitenta centros docentes públicos onde se imparte ensinanza bilingüe en francés, inglés ou alemán. Deles, incorporáronse á Rede neste ano académico un total de dezaseis.

    Fonte: Diario Sur

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder