Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de febreiro de 2009

    Divulgar e fomentar a aprendizaxe en galego de coñecementos científicos dunha forma amena e divertida é un dos obxectivos da colección “Descubrindo os corpos”, que acaba de ver a luz da man de Edicións A Nosa Terra e que está financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de febreiro de 2009

    A Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Deportes do Parlamento do Mercosur aprobou unha recomendación para o Consello do Mercado Común co fin de que o guaraní sexa considerado idioma oficial do Mercosur e se converta en idioma de traballo do bloque rexional, como o español e o portugués.

    Fonte: DCI

    11 de febreiro de 2009

    O 43% dos alumnos da Universidade Pública de Navarra (UPNA) cre que o éuscaro debería ter no futuro un novo tratamento regulado por lei que permita "maiores dereitos" no uso e o ensino desta lingua.

    Fonte: Europa Press

    11 de febreiro de 2009

    O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, afirmou que a nova versión de LliureX impulsada polo seu departamento porá a disposición do profesorado do sistema educativo os laboratorios de idiomas.

    Fonte: La Razón

    11 de febreiro de 2009

    O obxectivo é reunir 500.000 sinaturas para que o Parlamento español aprobe unha lei que garanta a recepción das televisións en catalán nos países de lingua catalá. As sinaturas buscaranse en todo o territorio español.

    Fonte: Món Divers

    11 de febreiro de 2009

    A nova edición do Atlas da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) contén datos actualizados sobre máis de 2500 linguas en perigo. O comunicado afirma que a publicación da ferramenta interactiva será unha das actividades programadas para o Día Internacional da Lingua Materna.

    Fonte: Prensa Latina

    11 de febreiro de 2009

    No marco do convenio de colaboración que mantén coa Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco, a ONCE adaptará 170 obras literarias en éuscaro ás necesidades das persoas con discapacidade visual.

    Fonte: Diario Vasco

    11 de febreiro de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de presentar dúas iniciativas relacionadas coa mocidade e co audiovisual en galego, destinadas a promover o uso do galego entre o alumnado da comunidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de febreiro de 2009

    A empresa audiovisual catalá Multisignes presentou o seu novo dicionario interactivo (formato CD-Rom) que traduce do inglés, español e catalán a sistema de signos internacional en formato de vídeo.

    Fonte: Diario Signo

    10 de febreiro de 2009

    A primeira edición en idioma quechua da nova Constitución Política do Estado de Bolivia foi divulgada no multitudinario acto no que o presidente Evo Morales promulgou a carta política na cidade andina de El Alto.

    Fonte: Agencia Boliviana de Información

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder