Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de febreiro de 2009

    O Bloque por Asturies (BA) esixiulle á directora xeral de Política Lingüística do Principado, Consuelo Vega, a través dunha nota de prensa escrita en asturiano, que "se poña a traballar" e envíe toda a documentación sobre a lingua asturiana ao Consello de Europa e ao Goberno central.

    Fonte: Europa Press

    09 de febreiro de 2009

    A parlamentaria María Sumire lamentou que, ata o momento, o Congreso da República non promulgue a lei para a preservación, uso e difusión de linguas aborixes que volveu á Comisión de Pobos Andinos, Amazónicos e Afroperuanos, logo da discusión que se deu o ano pasado no pleno do Lexislativo.

    Fonte: CNR

    09 de febreiro de 2009

    Ciutadans-Partido de la Ciudadanía reuniu a varios centenares de persoas para esixir a dimisión do presidente da Generalitat, José Montilla, por non facer cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que obriga a preguntar aos pais en que lingua queren que se escolarice os seus fillos.

    Fonte: El País

    09 de febreiro de 2009

    A Organización Internacional da Francofonía (OIF) acaba de abrir, a través do Fondo Francófono das Infopistas, a 17.ª convocatoria de proxectos para favorecer o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). O obxectivo deste proxecto é a creación de contidos e aplicacións dixitais principalmente en francés, aínda que tamén noutras linguas.

    Fonte: Linguamón

    09 de febreiro de 2009

    O catalán como lingua de integración e cohesión social dos inmigrantes é a premisa principal de dúas exposicións itinerantes que se presentaron no Parlamento de Cataluña.

    Fonte: La Vanguardia

    09 de febreiro de 2009

    O Consello Asesor do Éuscaro asumiu o pasado 6 de febreiro por unanimidade nunha reunión plenaria en Vitoria o documento 'Euskara 21', o relatorio elaborado tras meses de debates e que será o referente a partir de agora da política lingüística que se adopte en Euskadi.

    Fonte: El Correo Digital

    09 de febreiro de 2009

    A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou o pasado venres 26 de xaneiro en rolda de prensa a exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”. Trátase dunha mostra sobre a diversidade lingüística e a lingua galega que se poderá visitar no Real Alcázar de Sevilla ata o vindeiro 1 de marzo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de febreiro de 2009

    Segundo a proposta de Menezes, o galego debera ser obxecto de estudo nas escolas de Portugal e do mesmo xeito o portugués debera aparecer no currículo das escolas de Galicia.

    Fonte: Vieiros

    06 de febreiro de 2009

    Portugal e Venezuela van formar conxuntamente profesores de lingua portuguesa, no ámbito da cooperación bilateral e con vista á inclusión do portugués no currículo oficial.

    Fonte: Diário de Notícias

    06 de febreiro de 2009

    O soño de que Gales sexa bilingüe está condenado ao fracaso, a non ser que as escolas melloren drasticamente a maneira de ensinar galés. Esta foi a advertencia enviada á ministra de Educación, Jane Hutt, despois de que se revelara que unha enorme cantidade de mozos que remata o ensino obrigatorio apenas é capaz de falar a lingua, tras dez anos de estudo.

    Fonte: Daily Post

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder