Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de febreiro de 2009

    Os días 9 e 10 de febreiro de 2009 quedarán no recordo para as persoas comprometidas co escocés no ensino. O día 9, a ministra de Cultura, Linda Fabiani, participou nun seminario en Stirling dirixido a 100 mestres, educadores, escritores, profesores e activistas para abordar as conclusións dun informe pioneiro sobre o escocés.

    Fonte: Eurolang

    13 de febreiro de 2009

    A conselleira tirou de lexislación para defender o decreto sobre a normalización do galego no ensino para todo o alumnado e recordou que cumpre coa Lei de normalización lingüística, aprobada -lembrou- en 1983 baixo o goberno da Xunta de Galicia do popular Gerardo Fernández Albor, e que "impide a segregación dos alumnos segundo a lingua".

    Fonte: El Correo Gallego

    13 de febreiro de 2009

    Os funcionarios das administracións locais de Castelló recibirán este ano clases de aprendizaxe do idioma romanés nunha das accións formativas do Plan de formación continua da Deputación de Castelló. A necesidade de adaptarse aos cambios culturais motiva este curso, como en anos anteriores foron os de árabe.

    Fonte: Levante-EMV

    13 de febreiro de 2009

    Perú é o país con maior diversidade de etnias, linguas e familias lingüísticas de América, segundo o novo mapa etnolingüístico presentado polo Instituto Nacional de Desenvolvemento de Pobos Andinos, Amazónicos e Afro Peruanos (Indepa).

    Fonte: Perú Hoy

    13 de febreiro de 2009

    Europa Press de Catalunya inicia a transmisión dun portal de noticias integramente en catalán (www.europapress.cat), que ofrecerá en aberto as principais informacións da actualidade diaria, non só catalá, senón tamén estatal e internacional.

    Fonte: Europa Press

    13 de febreiro de 2009

    O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asistiron á presentación do servizo de noticias en galego da Axencia EFE, un acto no que tamén participaron o presidente executivo de Efe, Álex Grijelmo; a directora xeral da axencia, Dolores Álvarez; e o delegado para Galicia de EFE, Arturo Larena.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de febreiro de 2009

    A Comisión Europea pediulles aos Estados membro que o servizo do número único europeo de emerxencias sexa "máis multilingüe", pois apuntan que un 28 % dos europeos que chama ao 112 no estranxeiro sente dificultades lingüísticas.

    Fonte: Diário Digital

    12 de febreiro de 2009

    O feito de non proporcionar servizos básicos na lingua saami levou á imposición dunha multa condicional polo Tribunal Nacional de Discriminación de Finlandia. A multa de 5000 euros é a primeira deste tipo imposta. No centro da polémica está proporcionar servizos de gardería na lingua saami no concello de Enontekiö, situado ao norte do país.

    Fonte: YLE

    12 de febreiro de 2009

    O embaixador italiano en Beirut, Gabriele Checchia, e o profesor Zouhair Chokr, reitor da Universidade Libanesa, asinaron un convenio marco que ten como obxectivo reforzar a cooperación no campo do ensino da lingua e a cultura italianas no Líbano.

    Fonte: Daliy Star

    12 de febreiro de 2009

    A directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, e o presidente da Generalitat de Cataluña, José Montilla, reuníronse en Barcelona para estudar novas vías de colaboración entre ambas as institucións para promover a lingua e a cultura catalás fóra de España.

    Fonte: Diario del Henares

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder