Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de febreiro de 2009

    A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana convocou unha manifestación contra a "exclusión da lingua asturiana no sistema educativo", na que pedirá que se aprobe unha mención de asturiano na reforma dos estudos de Maxisterio e a creación da especialidade para que se convoquen as prazas de profesores de lingua asturiana na educación primaria e secundaria.

    Fonte: Qué

    18 de febreiro de 2009

    O Goberno vasco recibe a distinción 'Microsoft Local Language Program Award' pola súa colaboración e compromiso co lanzamento de Windows Vista e Microsoft Office 2007 en éuscaro, achegando unha actualización de descarga gratuíta da interface, así como "a sensibilidade e o compromiso mostrados co desenvolvemento e uso do éuscaro a través das TIC".

    Fonte: Hoy Tecnología

    18 de febreiro de 2009

    O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, manifestou que "o sistema de inmersión lingüística é garantía de cohesión social", segundo informou o Executivo rexional.

    Fonte: EcoDiario

    18 de febreiro de 2009

    O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) enfocará as actividades do Día Internacional da Lingua Materna, que se celebrará o 21 de febreiro, a impulsar un rexistro de intérpretes e tradutores de linguas indíxenas nacionais de México especializados en procesos xudiciais.

    Fonte: El Sendero del Peje

    18 de febreiro de 2009

    O Goberno vasco destinará 470.000 euros para incrementar o uso do éuscaro no País Vasco francés e fomentar o labor de varias entidades privadas que traballan na devandita zona a favor desta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    18 de febreiro de 2009

    O ministro de Cultura de Portugal, José António Pinto Ribeiro, afirmou que o novo acordo ortográfico deberá entrar en vigor no primeiro semestre deste ano, pero todo depende das negociacións cos outros países da CPLP.

    Fonte: Jornal de Notícias

    18 de febreiro de 2009

    A comisión de Cultura do Parlamento Europeo aprobou un informe sobre multilingüismo que defende "o dereito de que os pais e responsables da educación elixan a lingua oficial na que deben educarse os seus fillos".

    Fonte: El País

    17 de febreiro de 2009

    A Universidade de Otago, creada en 1869 e a máis antiga da Nova Zelandia, ofrece no novo ano escolar que se inicia en febreiro, por primeira vez, unha graduación minor en Lingua Portuguesa.

    Fonte: Intituto Camões

    17 de febreiro de 2009

    O LoloKarolo, consistente nunha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes, e un dicionario de inglés interactivo achegan novos recursos a alumnado e profesorado.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de febreiro de 2009

    A Academia da Lingua Asturiana acaba de anunciar a creación dun departamento de tradución. O obxectivo é apoiar academicamente a calidade das traducións sobre todo do asturiano ao castelán e viceversa, aínda que sen descartar as traducións a outras linguas.

    Fonte: Asturies.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder