Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de febreiro de 2009

    A ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cuntis entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP). O texto é xa definitivo ao non presentarse reclamación ningunha durante o prazo de exposición pública.

    Fonte: La Voz de Galicia

    20 de febreiro de 2009

    A incidencias en ELEBIDE, o servizo para a garantía dos dereitos lingüísticos do Goberno vasco, aumentaron un 25% en 2008 con respecto a 2007. Do total de queixas, o 87% produciuse no ámbito público.

    Fonte: Euskadi.net

    19 de febreiro de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de febreiro de 2009

    Os directivos da Unesco e os diplomáticos do Movemento dos Países Non-Aliñados salientaron a importancia das linguas indíxenas dentro do concepto da diversidade cultural. Expertos internacionais, auspiciados polo grupo dos NOAL na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), impartiron conferencias sobre cosmovisión, globalización, desenvolvemento e paz.

    Fonte: Prensa Latina

    19 de febreiro de 2009

    O Atlas internacional de linguas en perigo de 2009 estima en 2511 o número de linguas vivas cuxa situación é vulnerable, en perigo, seriamente en perigo ou en situación crítica no mundo.

    Fonte: Le Monde

    19 de febreiro de 2009

    Dous deputados alleos aos conflitos políticos que xera a inmersión lingüística en Cataluña aproveitaron para pedir que se introduza o esperanto como lingua de uso na Unión Europea.

    Fonte: ABC

    19 de febreiro de 2009

    A perda das linguas indíxenas en Michoacán agrávase cada ano. Tan só no 2000 existían uns 120000 falantes dalgunha das linguas indíxenas propias de Michoacán (purépecha, nahua, mazahua e otomí), pero en 2005 a cifra reduciuse a aproximadamente 112000.

    Fonte: Cambio de Michoacán

    19 de febreiro de 2009

    Cada alumno catalán terá un tablet PC (ordenador táctil) repleto de contidos educativos dixitais "multiplataforma" en catalán. O experimento probarase nas escolas dun barrio de Lleida para despois amplialo ao resto do territorio.

    Fonte: El País

    19 de febreiro de 2009

    A Consellaría de Cultura e Deporte destina este ano un total de 2.700.000 euros en seis liñas de axuda ao sector audiovisual en galego, que xestiona por vez primeira a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

    Fonte: CTNL

    18 de febreiro de 2009

    Intensificar os esforzos de tradución para integrar mellor a poboación estranxeira en Suíza é unha medida recomendada por un estudo da Fundación Nacional Suíza para a Ciencia (FNS). Tamén se lle pide ao Estado que recorra a estímulos positivos para mellorar a aprendizaxe das linguas nacionais.

    Fonte: Normandie News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder