Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de febreiro de 2009

    A Generalitat valenciana incorporará unha optativa de chinés mandarín ao sistema educativo público valenciano no curso 2010-2011 para os alumnos de Bacharelato e do último ciclo de Secundaria, segundo anunciou o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.

    Fonte: Las Provincias

    25 de febreiro de 2009

    Polonia ratificou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o que o converte no 24.º Estado membro do Consello de Europa en apoiar a Carta. Isto significa que máis da metade dos Estados membro do Consello ratificou a Carta.

    Fonte: Eurolang

    25 de febreiro de 2009

    Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, Linguamón – Casa das Linguas lanzou a páxina web As Tres Xemelgas no Bosque das Palabras. Trátase dun espazo onde estas personaxes infantís reflexionan acerca da necesidade e a importancia de preservar todas as linguas do mundo.

    Fonte: Linguamón

    25 de febreiro de 2009

    O ENDL do CPI Aurelio M. Rei García de Cuntis vén de lanzar o Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha páxina que recolle as novidades relacionadas cos ENDL e a lingua.

    Fonte: CTNL

    24 de febreiro de 2009

    En Panamá hai uns 300000 indíxenas de sete grupos diferentes, que buscan preservar os seus costumes, tradicións e a súa lingua nativa. Por iso, o seu obxectivo é que nas escolas se fale a súa propia lingua.

    Fonte: Día a Día

    24 de febreiro de 2009

    A partir do traballo de planificación do IES Pedrouro, e partindo dunhas xa elevadas taxas de emprego do noso idioma, o Concello de Burela desenvolveu co apoio de todos os grupos políticos o Modelo Burela de convivencia lingüística. Agora, un documental amósanos a realidade deste lugar.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de febreiro de 2009

    Korrika 16 e a Confederación de Ikastolas repartirán un CD didáctico sobre a carreira en favor do éuscaro (Korrika) a todos os centros de ensino do País Vasco, Navarra e o País vasco-francés. O obxectivo da iniciativa é promover o uso desta lingua e remarcar a necesidade de iniciativas como a que organiza a Coordinadora de Alfabetización e Euscaldunización (AEK) a través da Korrika.

    24 de febreiro de 2009

    A Academia da Lingua Asturiana considerou "gravísima" a situación de perigo de desaparición na que a última versión do Atlas das linguas en perigo do mundo da Unesco sitúa o asturiano, e esixe, como única solución, a súa oficialidade.

    Fonte: Asturies.com

    24 de febreiro de 2009

    A Organización para as Nacións Unidas persegue o multilingüismo como forma de promover, protexer e conservar a diversidade lingüística e cultural do mundo, segundo afirmou o alto cargo desta organización responsable das comunicacións nunha mensaxe con motivo do Día Internacional da Lingua Materna.

    Fonte: UN News Centre

    24 de febreiro de 2009

    A asociación de Xuristas polo Asturiano (Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu) entregoulle o seu quinto informe ao Consello de Europa, "un traballo técnico no que se razoa e demostra que de acordo coa única interpretación posible do Instrumento de Ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias asinada por España, as súas autoridades están obrigadas a xustificar ante este Consello as razóns do incumprimento da parte III da devandita Carta na que se fai referencia á lingua asturiana”.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder