O Consello Xeral do Poder Xudicial prevé gastar este ano case 50.000 euros na euscaldunización dos xuíces, grazas a un convenio firmado en 1999 co Goberno vasco.
Fonte: La Razón
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello Xeral do Poder Xudicial prevé gastar este ano case 50.000 euros na euscaldunización dos xuíces, grazas a un convenio firmado en 1999 co Goberno vasco.
Fonte: La Razón
O Aeroporto de El Prat (Barcelona) discrimina o catalán, aínda que esta é a única lingua propia de Cataluña, segundo revela o estudo que presentou a Plataforma per la Llengua.
Fonte: Qué
Apróbase o proxecto experimental de ensino da lingua italiana, do francoprovenzal e do francés nas escolas de infantil e primaria na rexión italiana de Piemonte.
Fonte: Minoranze Linguistiche
Con motivo da supresión do catalán da megafonía dalgúns vos de Swiss Air en decembro de 2008, a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña púxose en contacto coa liña aérea.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A conselleira de Educación sinalou que na Comunidade galega se desenvolven este curso 665 seccións bilingües en 190 centros, o que supón o dobre que o curso pasado.
Fonte: Xunta de Galicia
Linguamón publicou a primeira parte do ambicioso proxecto Mapas vivos, que de momento conta cun atlas interactivo das linguas de Europa. A aplicación permite distinguir entre linguas territoriais e linguas oficiais e facer buscas personalizadas.
Fonte: Món Divers
A cita é o 4 de abril en Pau, a capital da rexión occitana de El Bearn. O motivo: reclamarlle ao Estado francés máis recursos a favor do occitano, o idioma tradicional da zona.
Fonte: Món Divers
Un destacado dirixente dun partido kurdo dirixiuse aos lexisladores no Parlamento de Turquía na lingua kurda, o que asustou a algúns, incluíndo a canle de televisión pública TRT que emite en kurdo. Esta canle interrompeu inmediatamente a súa transmisión en directo do discurso cando Turk se expresou en kurdo.
Fonte: Kurdsat
Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística viaxaron a Bruxelas para expor ante as institucións comunitarias o modelo educativo das galescolas e pedir apoio para defender o galego.
Fonte: La Voz de Galicia
O Goberno vasco aprobou un decreto co que culmina o sistema de validación de títulos e certificados acreditativos de coñecementos de éuscaro e de adecuación destes ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín