Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de marzo de 2009

    O comisario das linguas oficiais de Canadá, Graham Fraser, teme que neste período de crise económica as minorías lingüísticas sexan prexudicadas.

    Fonte: L'Express

    03 de marzo de 2009

    Os usuarios do navegador Firefox poden ampliar as prestacións da aplicación con distintos engadidos, entre os que destaca Greasemonkey, que vén de aproveitarse para desenvolver un pequeno script que fai uso do tradutor de Google para poder ver o texto que teñamos seleccionado nunha páxina web automaticamente en galego.

    Fonte: Código Cero

    03 de marzo de 2009

    O presidente catalán, José Montilla, cominou o Tribunal Constitucional a "preservar a convivencia" en Cataluña e non ceda ante os "intereses partidistas" que perseguen desautorizar o modelo lingüístico que funciona nesta comunidade desde hai 25 anos, polo que non aceptará imposicións desde fóra.

    Fonte: La Vanguardia

    03 de marzo de 2009

    A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca o I Torneo de Debate “Torrelingua”, que ten por obxecto difundir o galego entre os mozos e mozas.

    Fonte: CTNL

    03 de marzo de 2009

    Catorce vilas galegas acollerán a partir de marzo unha nova xeira dos Encontros dos Axóuxeres. Marín, Monforte de Lemos, Allariz, Porto do Son, Ribeira, Boiro, A Illa de Arousa, Cangas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Outes, A Estrada, Poio e Teo son os lugares elixidos para a realización destas sesións organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que teñen como principal obxectivo fomentar a transmisión do galego como lingua de uso habitual na familia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de marzo de 2009

    O Real Padroado sobre Discapacidade traballa para que os debates políticos do Congreso dos Deputados e o Senado conten con subtítulos e coa lingua de signos para ser accesibles a calquera persoa con discapacidade.

    Fonte: Europa Press

    02 de marzo de 2009

    O Val de Arán constituíu o Consello Asesor da Lingua, un novo órgano asesor do Consello Xeral sobre a lingua occitana na súa variante aranesa.

    Fonte: Món Divers

    02 de marzo de 2009

    O presidente estremeño, Guillermo Fernández Vara, definiu en Olivenza (Badaxoz) o ensino do portugués como segundo idioma, por detrás do inglés, nos centros públicos estremeños como "unha acción estratéxica" do seu goberno.

    Fonte: Galicia Hoxe

    02 de marzo de 2009

    A última enquisa realizada pola Academia Valenciana da Lingua (ALV) a nivel de toda a Comunidade Valenciana (datada en 2004) sobre o uso da lingua vernácula reflectía que o 36% dos cidadáns da autonomía falaba "perfectamente" o valenciano. O informe tamén reflectiu que a porcentaxe de cidadáns da Comunidade que falaba bastante ben ou perfectamente o idioma representaba o 51%.

    Fonte: Las Provincias

    02 de marzo de 2009

    Caixanova organiza por noveno ano consecutivo o Tren Caixanova, unha iniciativa que ten por obxectivo a promoción do uso do galego entre os escolares e a utilización do transporte público ferroviario.

    Fonte: Galicia Hoxe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder