A Consellería de Comercio, Industria e Enerxía balear abriu un total de 21 expedientes sancionadores a comercios de Baleares por vulnerar os dereitos lingüísticos dos consumidores.
Fonte: El Mundo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Comercio, Industria e Enerxía balear abriu un total de 21 expedientes sancionadores a comercios de Baleares por vulnerar os dereitos lingüísticos dos consumidores.
Fonte: El Mundo
Euronews lanzará unha versión en lingua turca en xaneiro do próximo ano. Euronews conectará coa Radiotelevisión Turca e esta será unha accionista da canle.
Fonte: Rapid TV News
A Lei do cine de Cataluña que impulsa o Goberno catalán establece a obrigación de distribuír o mesmo número de copias dobradas ao catalán que ao castelán, segundo explicou o conselleiro de Cultura e Medios de Comunicación, Joan Manuel Tresserras.
Fonte: La Vanguardia
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de anunciar que, tras a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións galegas, iniciará 'un traballo incansable' para que o PP 'non desmantele a protección xurídica' do galego.
Fonte: A Nosa Terra
Co continuo aumento da posición internacional de China e a expansión diaria das súas relacións internacionais, a demanda de aprendizaxe da lingua chinesa está a medrar enormemente en moitos países do mundo.
Fonte: People's Daily Online
Durante a súa estadía no Real Alcázar de Sevilla, a mostra suscitou o interese de numerosas persoas procedentes de diferentes lugares de España, así como do estranxeiro. A exposición abrirá as súas portas en Lugo o 23 de marzo e permanecerá nesta cidade ata o vindeiro 5 de abril.
Fonte: Xunta de Galicia
Desde 1990, os francófonos de todos os continentes celebran cada 20 de marzo o Día Internacional da Francofonía, unha xornada dedicada á lingua francesa.
Fonte: Francophonie
A Asociación de Profesores de Portugués (APP) pide decisións "claras e definitivas" sobre la implementación do Acordo Ortográfico no ensino, e defende a entrada en vigor da nova ortografía simultaneamente co novo programa de Lingua Portuguesa.
Fonte: Público
Segundo El Toralín, Asociación Berciana en Defensa da Lingua Leonesa, a Academia da Lingua Asturiana está "expandindo" o asturiano pola comarca leonesa do Bierzo.
Fonte: 20minutos
As escolas catalás informarán as familias do dereito dos seus fillos a recibir ensinanza en castelán durante un curso escolar -ben na educación infantil ou ben no primeiro curso de primaria-.
Fonte: El País
Subscríbase ao boletín