A Asociación da Lingua Galesa (Welsh Language Board), que promove esta lingua, apelou á Asemblea Nacional para ampliar a lexislación aprobada na actualidade para incluír unha maior variedade de organizacións.
Fonte: Wales Online
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asociación da Lingua Galesa (Welsh Language Board), que promove esta lingua, apelou á Asemblea Nacional para ampliar a lexislación aprobada na actualidade para incluír unha maior variedade de organizacións.
Fonte: Wales Online
Asegura que estenderá esa liberdade de elección ás materias con carácter troncal e aos libros de texto. Ademais, modificará as galescolas en favor dun modelo educativo de 0 a 3 anos que permita escoller castelán ou galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Asociación de Trabayadores de la Normalización Llingüística e a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana saíron en defensa da decisión do Concello de Cangas del Narcea de valorar como mérito os coñecementos de asturiano nas súas oposicións, e deixaron claro que esta medida non ten nada de discriminatoria.
Fonte: Europa Press
O Movemento Indíxena de Ecuador presentará un recurso de inconstitucionalidade ao decreto executivo sobre a Educación Bilingüe.
Fonte: La Gaceta
O Secretario de Política Lingüística, Bernat Joan, e o director do Centro Interrexional de Desenvolvemento do Occitano (CIRDOC), Philippe Hammel, presentaron no Salón de Actos do Departamento de Cultura de Cataluña o novo sistema de tradución automática occitano-catalán-español.
Fonte: Linguamón
A polémica comezou cando o Concello de Cangas de Narcea aprobou, a finais de febreiro, un novo plan de normalización lingüística que inclúe unha cláusula para puntuar a formación en lingua asturiana dos aspirantes de todas as oposicións convocadas no municipio.
Fonte: ABC
Os lexisladores de Hawai están considerando un proxecto de lei que esixiría que o Goberno local mellorase o uso que fai da lingua hawaiana.
Fonte: KGMB9
O Ministerio de Administracións Públicas (MAP) inscribiu no Rexistro das Entidades Locais o cambio da denominación de 18 delas. As modificacións consisten en establecer os nomes en éuscaro que, xunto coas denominacións en castelán, constituirán os novos nomes oficiais desas entidades locais.
Fonte: Europa Press
O libro Nola sustatu euskara udalerriko enpresetan. Lasarte-Oriako Udalaren esperientzia (Como impulsar o uso do éuscaro nas empresas do municipio. A experiencia de Lasarte-Oria) ten como finalidade dar a coñecer o traballo realizado no mundo da empresa en xeral, ademais de desenvolver con amplitude o traballo realizado nas pequenas empresas do devandito municipio, con obxecto de que sexa de utilidade para os técnicos de normalización lingüística.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia participa nesta feira cun expositor no que ofrece información sobre os cursos de verán para estranxeiros, as publicacións do Centro Ramón Piñeiro e a rede de proxección exterior do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín