Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2009

    A Generalitat de Catalunya ten previsto realizar 300 cursos de catalán para que os profesionais da restauración teñan o nivel suficiente para poder atender os clientes nesta lingua. En total, prevese que participen uns 3000 alumnos.

    Fonte: Avui

    11 de marzo de 2009

    O poemario que marcou o inicio do Rexurdimento da literatura galega, Cantares Gallegos, acaba de ver a luz en forma dunha nova edición, en galego e xaponés, na que a tradución correu a cargo do lingüista e profesor universitario Takekazu Asaka.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de marzo de 2009

    A comisión parlamentaria de control á Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) aprobou por unanimidade unha resolución de CiU que pide que, no libro de estilo dos medios públicos da Generalitat que se está elaborando, se recolla que as declaracións en linguas estranxeiras que se emitan na Televisión de Cataluña (TVC) non se dobren, senón que se subtitulen en catalán.

    Fonte: Europa Press

    10 de marzo de 2009

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denuncia a "falta de vontade e dilixencia" do Goberno para aplicar a lei pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, tras cumprirse 15 meses desde a súa aprobación.

    Fonte: Galicia Hoxe

    10 de marzo de 2009

    Portugal vai enviar 200 profesores a Angola para promover o ensino do portugués e reforzar o ensino secundario, nun proxecto financiado con 5,4 millóns de euros polo Fondo da Lingua Portuguesa, segundo anunciou o Ministerio de Asuntos Exteriores.

    Fonte: Portugal Diário

    10 de marzo de 2009

    A Consellería de Educación da Generalitat de Catalunya estenderá a partir do próximo curso a inmersión lingüística en catalán a toda a ensinanza primaria -de 3 ata os 12 anos- nos 84 centros en que xa se aplicaba esta política, e á que se adherirán 68 escolas de Cataluña.

    Fonte: Europa Press

    10 de marzo de 2009

    Ao tempo que prepara a súa posible conquista da Lehendakaritza, o líder do PSE, Patxi López, afánase por aprender éuscaro. Recibe clases tres días á semana durante unha hora e media.

    Fonte: El Correo Digital

    10 de marzo de 2009

    Xa son tres os museos nacionais que ofrecen os seus contidos en todas as linguas cooficiais do Estado, segundo informa o Ministerio de Cultura nunha resposta parlamentaria á deputada de CiU Montserrat Surroca. Tamén a Biblioteca Nacional utiliza todas as linguas.

    Fonte: EcoDiario

    10 de marzo de 2009

    Dirixentes das organizacións étnicas colombianas reuníronse en Bogotá con representantes do Goberno nacional para discutir o proxecto de lei en favor da protección e o fomento das linguas nativas.

    Fonte: Entrada Libre

    09 de marzo de 2009

    O grupo de estudantes que se manifestou está en contra do emprego do inglés nas clases de matemáticas e ciencias nas escolas de Malaisia.

    Fonte: Globo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder