Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de marzo de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca bolsas de estadías destinadas a investigadores de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para que poidan colaborar nos proxectos de investigación que xa ten en marcha o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de marzo de 2009

    A directora executiva do Instituto Internacional de Lingua Portuguesa (IILP), Amélia Mingas, defendeu a necesidade dunha acción concertada entre todos os países lusófonos para crear unha verdadeira política de promoción da lingua portuguesa.

    Fonte: Lusa

    09 de marzo de 2009

    A Wikilengua do español, o espazo en internet sobre o uso práctico deste idioma, cumpriu xa o seu primeiro ano de vida e desde que se puxo en marcha, en xaneiro de 2008, alcanzou os 4,5 millóns de páxinas visitadas e foi consultada por máis de 1,6 millóns de persoas.

    Fonte: Galicia Hoxe

    09 de marzo de 2009

    O idioma español segue gañando terreo. No máis recente informe do Ministerio de Educación de España dise que o interese e a demanda pola lingua española na República Checa continúa aumentando.

    Fonte: Radio Praha

    09 de marzo de 2009

    Máis de 500 persoas acudiron á manifestación do pasado 7 de marzo en Oviedo convocadas pola Xunta pola Defensa da Lingua contra a exclusión do asturiano do sistema educativo.

    Fonte: El Comercio Digital

    09 de marzo de 2009

    A Unión Europea e a India asinaron unha declaración conxunta para reforzar a cooperación e o diálogo sobre a diversidade lingüística e o diálogo intercultural, segundo informou EuAsiaNews.

    Fonte: SmasHits

    09 de marzo de 2009

    Este curso está dirixido a estudantes da Universidade Politécnica de Madrid interesados na cooperación co desenvolvemento. O obxectivo é que os futuros cooperantes aprendan suahili, un idioma que os achegará ás persoas ás que teñen que prestar axuda.

    Fonte: Universia

    09 de marzo de 2009

    Xa está dispoñible na rede o Atlas Mundial Galego na súa versión en probas, onde se poderán consultar os exónimos e a súa adaptación ao galego.

    Fonte: CTNL

    06 de marzo de 2009

    Unha enquisa lingüística, a primeira deste tipo, comeza a realizarse formalmente esta semana, co obxectivo de identificar, preservar e promover as linguas e dialectos utilizados en Nepal.

    Fonte: Nepalnews

    06 de marzo de 2009

    O anuncio de Feijóo de derrogar o decreto que promove o ensino en galego provoca a reacción inmediata da Mesa pola Normalización mediante a convocatoria dunha protesta na capital de Galicia no mes de maio, malia que os conservadores aínda non asumiron o poder.

    Fonte: A Nosa Terra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder