Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de marzo de 2009

    O deputado de ERC no Congreso, Joan Tardà, ameazou coa "insubmisión lingüística" se na Cámara baixa española se continúa vetando o uso do catalán.

    Fonte: Avui

    02 de marzo de 2009

    A directora xeral de Política Lingüística do Principado de Asturias, Consuelo Vega, desvinculou a falta de oficialidade da lingua asturiana do perigo de desaparición que, segundo o «Atlas das linguas en perigo do mundo», publicado pola UNESCO, corre este idioma.

    Fonte: La Nueva España

    27 de febreiro de 2009

    O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, Carlos Pérez-Nievas, afirmou que o Executivo demostrou "cumprir" co seu compromiso co éuscaro e que se este ano se destinarán 9.500 euros para subvencionar os medios de comunicación en éuscaro é polo "reaxuste" orzamentario debido á situación económica.

    Fonte: Europa Press

    27 de febreiro de 2009

    A Confederación de Ikastolas presentou o seu proxecto lingüístico, a proposta das ikastolas para facer fronte ao que a responsable do proxecto dentro de la Confederación, Itziar Elorza, considerou «un dos principais retos da educación na sociedade actual: o modo de abordar o plurilingüismo no ensino e de garantir a adquisición das competencias necesarias non só en éuscaro e en castelán, senón tamén en inglés e mesmo nunha segunda lingua internacional».

    27 de febreiro de 2009

    A necesidade de evitar a "morte" do portugués oliventino foi defendida polos promotores dun debate, fixado na vila fronteiriza de Olivenza, onde o uso do portugués se reduce hoxe ás persoas de máis idade.

    Fonte: RTP

    27 de febreiro de 2009

    Os 257 nenos de tres anos que figuran no padrón de Marín recibirán nos próximos días un exemplar do libro Garbanciño, co obxectivo de motivalos a que lean e falen o galego.

    Fonte: La Voz de Galicia

    27 de febreiro de 2009

    En xaneiro, o profesor Joe Cullen da Rede Menon presentoulle á Comisión de Cultura do Parlamento Europeo os resultados do estudo "Multilingüismo: entre os obxectivos e a posta en práctica de políticas", comisionado polo Parlamento. Unha das recomendacións do informe é que a UE lle volva dar o seu apoio á EBLUL.

    Fonte: Eurolang

    26 de febreiro de 2009

    O Concello de Marín puxo en marcha no último trimestre de 2008 unha campaña de dinamización e normalización lingüística no municipio. Durante o primeiro trimestre de 2009 desenvolverase a segunda parte con accións de formación para os dous ámbitos principais, a administración e o comercio, e con novas accións de dinamización para toda a sociedade marinense.

    Fonte: CTNL

    26 de febreiro de 2009

    O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, Carlos Pérez-Nievas, realizou unha valoración "positiva" do grao de cumprimento en Navarra da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, xa que o informe remitido polo Comité de Expertos asegura que se cumpren "todos" os compromisos na zona vascófona.

    Fonte: Europa Press

    26 de febreiro de 2009

    Profesores arxentinos viaxarán a Sudáfrica para capacitar en idioma español, italiano, portugués e francés os empregados e profesionais que atenderán os deportistas e turistas no Mundial de fútbol de 2010.

    Fonte: As

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder