A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza o concurso “Mocidade ao mando”, co fin de promover a creación de contidos audiovisuais en galego sobre economía e empresa. O certame está dirixido ao alumnado da ESO, formación profesional e bacharelato de Galicia, e premiará os mellores vídeos de entre 30 e 90 segundos de duración con ata 150 euros.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reivindicou a Frei Martín Sarmiento como referente para a consecución dun “novo Rexurdimento” no prestixio do uso do galego que potencie o seu emprego en todos os eidos e por todas as xeracións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un total de 400 alumnas e alumnos estranxeiros están inscritos no 31.º Curso Anual Portugués Lingua Non Materna/Lingua Estranxeira do BabeliUM, o Centro de Linguas da Universidade do Miño. Unha boa parte dos inscritos son de países como a China, o Xapón e Corea do Sur.
Fonte: Correio do Minho
O 30 de setembro é o Día Internacional da Tradución, festividade que honra o papel crucial desta actividade na unión e comprensión dos pobos e na promoción e fortalecemento da paz a nivel mundial.
Fonte: United Nations
O Concello de Dénia reactivou o programa "Voluntariado polo valenciano", que promove o uso desta lingua de forma accesible e práctica, sen clases teóricas nin exames. O obxectivo é mellorar a fluidez oral a través de "parellas lingüísticas", nas que unha persoa falante axuda a outra a perfeccionar as súas habilidades en encontros semanais informais.
Máis de 3100 familias valencianas uníronse no colectivo "Famílies pel valencià" para defender o uso da lingua propia no sistema educativo fronte á Lei de liberdade educativa que consideran prexudicial para o valenciano. O colectivo critica que a elección da lingua nas aulas quede en mans das familias e non de profesionais, o que agrava a situación nas zonas castelanfalantes.
O escritor Miguel Rodríguez coa obra Penácaros fíxose co XXII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, pola Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua a adxudicación de catro bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas do centros de estudos galegos localizados na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade da Sorbonne Nouvelle de París (Francia), na Universidade Sapienza de Roma (Italia) e na Federal da Bahía (O Brasil).
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou coincidindo co Día Internacional da Tradución, as residencias que se están a desenvolver simultaneamente na illa de San Simón. Trátase de iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia no marco do seu compromiso coa promoción da creación artística a través de propostas que chamen aos escritores e escritoras a somerxerse nun contorno especial e potenciar así a súa creatividade.
O corpo de policía do norte de Gales anunciou a implantación de medidas concretas que afianzan e fortalecen o seu compromiso coa lingua galesa. O obxectivo é ofrecer un servizo asistencial íntegro en galés a todas as persoas que así o reclamen.
Fonte: North Wales Police
Boletín
Subscríbase ao boletín


