Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de setembro de 2008

    No DOG número 172, do 5 de setembro, publícase a Orde pola que se convocan as probas de habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada dos seguintes pares de linguas: galego-castelán, galego-éuscaro, galego-catalán, galego-portugués, galego-alemán e galego-romanés.

    Fonte: CTNL

    08 de setembro de 2008

    O concello de Nova York aprobou recentemente unha nova lexislación dirixida aos cidadáns neoiorquinos que falan unha lingua distinta ao inglés. Así, todos os organismos públicos deberán ofrecer información en, como mínimo, seis das linguas máis faladas da cidade, ademais do inglés: español, coreano, francés, italiano, ruso e chinés. O obxectivo desta nova lei é garantir que todos os cidadáns teñan acceso aos principais servizos directos como por exemplo a educación, a saúde etc.

    08 de setembro de 2008

    Aragón é unha comunidade multilingüe tal e como en 1982 foi recollido no seu Estatuto de Autonomía. Con todo, tiveron que pasar 25 anos ata que, coa aprobación do actual Estatuto de 2007, se considerara a creación dunha lexislación que regule e protexa o catalán, falado na Franja aragonesa, e o aragonés, que sobrevive nos vales pirenaicos.

    Fonte: Público

    08 de setembro de 2008

    O director do estudio “Situación do ensino da Lingua e da Literatura Galega na Educación Secundaria Obrigatoria”, Bieito Silva Valdivia, afirma que é necesario “un maior ámbito de normalización do idioma galego porque a lingua non se aprende só na escola”. O informe, resultado dun convenio entre o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e o Consello da Cultura Galega (CCG), foi publicado polo CCG e presentado o pasado venres día 5 de setembro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de setembro de 2008

    O grupo comarcal da Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña vén de reiterar o seu apoio á ordenanza municipal de normalización lingüística aprobada en 2005 polo Concello de Cambre, a cal estivo desde entón paralizada por causa dun recurso xudicial perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) cuxa resolución foi anunciada nos pasados días por varios medios de comunicación.

    Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

    08 de setembro de 2008

    A exposición, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística do Goberno Galego, permanecerá en Zabalgune Eraikina de Bilbao ata o 12 de setembro
    No discurso inaugural interviron o alcalde de Bilbao, Iñaki Azkuna, o viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco, Patxi Baztarrika, e a vicepresidenta do Parlamento Vasco, Isabel Celaá
    O próximo destino será Bruxelas e posteriormente visitará Madrid, Barcelona, Sevilla e Bos Aires

    08 de setembro de 2008

    En total, destínase un millón de euros a esta convocatoria, que se adiantou a principios de setembro para facilitar a planificación de actividades do curso

    O prazo para entregar as solicitudes remata o 6 de outubro

    08 de setembro de 2008

    Bebés, cativos e as súas familias participaron neste espectáculo de entretemento e aprendizaxe, dunha hora de duración

    Baixo unha carpa de 500 metros cadrados, músicos e actores deron vida a xogos, cancións, arrolos e outros divertimentos

    Este programa de Política Lingüística pretende fomentar a transmisión do coñecemento da lingua galega no seo familiar

    05 de setembro de 2008

    O programa radiofónico 'Filipinas ahora mismo' loita por manter vivo o español no país, coa emisión de cinco horas semanais de programación en castelán.

    Fonte: El Mundo

    05 de setembro de 2008

    Un acordo entre o Instituto Camões e a Universidade Jagiellonski fará posible a creación dunha cátedra en Cracovia, no sur de Polonia, para estimular o estudo do portugués.

    Fonte: Último Segundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder