Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de decembro de 2008

    O directivo de Jac Pedro Luna explica que o idioma, lonxe de facer política, serviulles para personalizar as súas propostas comerciais tanto aos ollos dos nenos, consumidores dos xoguetes, coma dos pais, verdadeiros compradores dos seus produtos.

    Fonte: A Nosa Terra

    05 de decembro de 2008

    Esta actividade, dirixida a membros e coordinadores dos equipos de dinamización e normalización lingüística, consolídase como o principal foro de intercambio e de posta en común de experiencias normalizadoras no ensino

    O interese do profesorado obrigou a ampliar o número de prazas en todas as cidades galegas, que o ano que vén acollerán unha nova edición

    Proximamente editarase unha publicación coas actas do seminario, no que participaron expertos en aprendizaxe integrada de linguas

    17 de novembro de 2008

    Arredor do 20 % dos lectores de Baleares elixe habitualmente libros en catalán, fronte ao 80 % que le preferentemente en castelán, segundo se desprende dunha enquisa que elaborou a Consellería de Educación e Formación.

    Fonte: El Mundo

    10 de novembro de 2008

    Unhas 400 persoas (cerca de 450, segundo a Policía Local, e 700 segundo os organizadores) concentráronse para reivindicar o dereito dos pacientes de Baleares a ser atendidos no seu propio idioma.

    Fonte: Diario de Mallorca

    30 de setembro de 2008

    A comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei do BNG en defensa dos dereitos lingüísticos da lingua guaraní para instar o Goberno galego para recoñecer este idioma como un ben cultural da humanidade.

    Fonte: Galicia Hoxe

    16 de setembro de 2008

    O grupo municipal do Partido Popular do Concello da Coruña presentou unha moción ao pleno para propoñerlle á Xunta a modificación da Lei de normalización lingüística de maneira que se permita a cooficialidade do topónimo castelán da cidade.

    Fonte: La Opinión

    16 de setembro de 2008

    Os exames realizaranse no mes de novembro nas principais cidades galegas e nos centros de estudos galegos no exterior

    O vindeiro 19 de setembro remata o prazo de matrícula na vindeira convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (Celga) que se van realizar para os niveis 1, 2, 3 e 4.

    16 de setembro de 2008

    Trátase da primeira viaxe conxunta dos alumnos e alumnas dos centros de estudos galegos de Alemaña

    Un total de 16 estudantes, acompañados polos profesores lectores, percorrerán Galicia e participarán en diversas actividades lúdicas e culturais

    Alemaña é un dos países europeos con máis centros de estudos galegos, con cinco universidades nas que é posible estudar lingua e coñecer a cultura do país

    16 de setembro de 2008

    O Goberno de Romanía, a través da súa embaixada en España, seleccionará 30 profesores de lingua, cultura e civilización romanesa para dar clases gratuítas destas materias en horario extraescolar. Esta iniciativa, que xa se puxo en marcha o curso anterior noutras comunidades autónomas como Madrid, Cataluña e Castela-A Mancha, chega agora á Comunidade Valenciana e responde a unha necesidade que, desde distintas agrupacións do colectivo de residentes deste país en Castellón, se levaba demandando desde hai tempo.

    16 de setembro de 2008

    O anteproxecto da Lei de educación de Aragón, elaborado polo Goberno rexional PSOE-PAR, prevé a posibilidade de que o catalán poida ser "lingua vehicular" en colexios e institutos de comarcas limítrofes con Cataluña.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder