Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de setembro de 2008

    A comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei do BNG en defensa dos dereitos lingüísticos da lingua guaraní para instar o Goberno galego para recoñecer este idioma como un ben cultural da humanidade.

    Fonte: Galicia Hoxe

    16 de setembro de 2008

    O grupo municipal do Partido Popular do Concello da Coruña presentou unha moción ao pleno para propoñerlle á Xunta a modificación da Lei de normalización lingüística de maneira que se permita a cooficialidade do topónimo castelán da cidade.

    Fonte: La Opinión

    16 de setembro de 2008

    Os exames realizaranse no mes de novembro nas principais cidades galegas e nos centros de estudos galegos no exterior

    O vindeiro 19 de setembro remata o prazo de matrícula na vindeira convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (Celga) que se van realizar para os niveis 1, 2, 3 e 4.

    16 de setembro de 2008

    Trátase da primeira viaxe conxunta dos alumnos e alumnas dos centros de estudos galegos de Alemaña

    Un total de 16 estudantes, acompañados polos profesores lectores, percorrerán Galicia e participarán en diversas actividades lúdicas e culturais

    Alemaña é un dos países europeos con máis centros de estudos galegos, con cinco universidades nas que é posible estudar lingua e coñecer a cultura do país

    16 de setembro de 2008

    O Goberno de Romanía, a través da súa embaixada en España, seleccionará 30 profesores de lingua, cultura e civilización romanesa para dar clases gratuítas destas materias en horario extraescolar. Esta iniciativa, que xa se puxo en marcha o curso anterior noutras comunidades autónomas como Madrid, Cataluña e Castela-A Mancha, chega agora á Comunidade Valenciana e responde a unha necesidade que, desde distintas agrupacións do colectivo de residentes deste país en Castellón, se levaba demandando desde hai tempo.

    16 de setembro de 2008

    O anteproxecto da Lei de educación de Aragón, elaborado polo Goberno rexional PSOE-PAR, prevé a posibilidade de que o catalán poida ser "lingua vehicular" en colexios e institutos de comarcas limítrofes con Cataluña.

    Fonte: ABC

    16 de setembro de 2008

    A Comisión para a Defensa dos Dereitos Humanos de Oaxaca (CDDHO) traducirá a Declaración Universal dos Dereitos Humanos a linguas indíxenas da entidade para celebrar o 60º aniversario deste documento.

    Fonte: El Imparcial

    16 de setembro de 2008

    Neste período as subvencións pasaron de 90.000 a 307.000 euros, e en 2008 creáronse por primeira vez axudas ás probas de tradución.

    Mentres en 2004 o número de obras que recibiran axuda era de 30, o ano pasado foron subvencionadas 89 obras traducidas.

    Cultura desenvolve un ambicioso programa de difusión internacional da literatura galega, coa asistencia a feiras e a creación de webs noutros idiomas.

    16 de setembro de 2008

    Santiago Roura asegura no Parlamento que é necesario que as ferramentas tecnolóxicas “vaian da man do proceso de galeguización da xustiza”

    15 de setembro de 2008

    Aínda que o inglés seguirá manténdose como lingua franca para os negocios nos próximos anos, outros idiomas irán incrementando o seu peso e a vantaxe terana os que poidan acreditar máis linguas. O futuro está no multilingüismo.

    Fonte: Navactiva

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder