Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de abril de 2024

    Presentou en Palma e Eivisa dúas iniciativas para fomentar o catalán nos medios de comunicación do arquipélago balear: «Idó», unha sección semanal no Diario de Mallorca e Diario de Ibiza; e «Entre tu i jo», unha nova sección de entrevistas en Ara Balears.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de abril de 2024

    Esta convocatoria de axudas está dirixida a entidades culturais sen fin de lucro e subvencionará proxectos que teñan como obxectivo fomentar o uso e o prestixio do galego, ou estudar aspectos relacionados coa sociolingüística e a toponimia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de abril de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na apertura da X Xornada do Día das Letras Galegas, organizada cada ano pola Secretaría Xeral da Lingua e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de abril de 2024

    Especialistas en linguas minoritarias pedíronlle ao Goberno de Portugal que ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias para que o mirandés poida beneficiarse de axudas nacionais e europeas.

    Fonte: Mensageiro de Bragança

    26 de abril de 2024

    O recentemente constituído parlamento polaco aprobará unha lei que recoñecerá oficialmente o silesiano como lingua rexional.

    Fonte: Notes from Poland

    26 de abril de 2024

    O Premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa rexistrou un número récord de obras: 2627 libros de diferentes xéneros literarios e de autores e autoras de 28 países.

    Fonte: Diário de Notícias

    26 de abril de 2024

    A cidade de Tocache, no departamento peruano de San Martiño, inaugurou a primeira Biblioteca Intercultural do país co fin de realizar actividades e iniciativas que promovan o uso e a aprendizaxe das linguas indíxenas.

    Fonte: Infobae

    26 de abril de 2024

    Elhuyar e o grupo IKT de Ikastolen Elkartea desenvolveron conxuntamente un sistema de tradución que permite ler contidos web en diferentes idiomas. O tradutor automático Elia conseguiu que todo o contido se poida recibir noutras oito linguas, ademais do éuscaro.

    Fonte: Eluyar

    26 de abril de 2024

    O Multiúsos da Xunqueira acollerá este ciclo de cinema en galego ao longo dos meses de maio e xuño no que se proxectarán catro longametraxes: O Corno, Sica, As bestas e Os días afogados.

    Fonte: Radio Redondela

    26 de abril de 2024

    A Cidade da Cultura reuniu as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na Unión Europea.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder