Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de maio de 2024

    O Nomenclátor Xeográfico da Toponimia Oficial de Asturias inclúe 16 641 localizacións. Dos 78 municipios asturianos, 63 contan coa relación de topónimos.

    Fonte: RTPA

    03 de maio de 2024

    O Programa Anduriña é unha iniciativa para a alfabetización e inserción sociocultural da poboación inmigrante empadroada en Silleda que inclúe aulas de aprendizaxe de lingua castelá e de lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato do Bierzo adscrito ao Programa de promoción do galego que está a pasar estes días no albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa.

    03 de maio de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo como exemplo para as xeracións máis novas o “compromiso coa terra, coa lingua e coa cultura” da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, a escritora, música e docente Luísa Villalta.

    03 de maio de 2024

    O presidente da Cámara Municipal de Bragança anunciou que a execución das obras do Museo da Lingua Portuguesa está a sufrir un considerable atraso.

    Fonte: Jornal de Notícias

    03 de maio de 2024

    O ministro de Estado das Gaeltacht, ou zonas de fala gaélica, anunciou a implantación do programa Céad Míle Fáilte que permitirá que as persoas migrantes poidan aprender a lingua vernácula para se integraren mellor nos seus lugares de acollida.

    Fonte: The Irish Post

    02 de maio de 2024

    Estas instrucións establecen os criterios de uso do asturiano e o eonaviego na Administración autonómica e teñen como obxectivo difundir a pluralidade lingüística do Principado e garantir los dereitos lingüísticos da cidadanía, así como fomentar o uso das linguas propias.

    02 de maio de 2024

    «Compostela e as orixes da lingua» ofrece unha andaina guiada por doce puntos da cidade para achegarse ás súas orixes e á súa relación coa lingua galega a través dun percorrido de dúas horas no que as persoas participantes descubrirán como naceu o galego e aspectos relevantes en canto ao léxico, á pronuncia, ao status social...

    02 de maio de 2024

    Esta nova liña de axudas para a creación de series de vídeos en catalán ou en occitano para as redes sociais, que conta cunha dotación orzamentaria de 312 000 euros, busca darlle soporte á profesionalización de influencers.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de maio de 2024

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar a XII edición do Certame de Microrrelatos para celebrar o Día das Letras Galegas entre toda a sociedade incentivando o pensamento creativo e a lectura en lingua galega.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder