Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da reedición da novela As chaves do tempo, de Luísa Villalta, a escritora, docente e música a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de maio de 2024

    A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, entregoulle ao Centro Integrado de FP CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura da homenaxeada Luísa Villalta este 17 de maio, na modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial.  

    07 de maio de 2024

    Segundo establece a nova Lei de Inmigración, o Goberno de Letonia ampliará o requisito de realizar unha proba de coñecementos de lingua letoa a un grupo de 5000 cidadáns rusos.

    Fonte: ENG LSM

     

    07 de maio de 2024

    A Generalitat de Cataluña e 3Cat presentaron SuperCampus, unha plataforma educativa con contidos educativos en catalán vinculados ao currículo escolar que ofrece recursos para os docentes que complementen a aprendizaxe na aula.

    Fonte: Diari de la Llengua

    07 de maio de 2024

    A Academia Valenciana da Lingua reedita a campaña «En valencià» que percorrerá entre o 6 e o 22 de maio 26 poboacións para fomentar o uso do valenciano entre a veciñanza dun xeito divertido.

    Fonte: Ajuntament de Dénia

    07 de maio de 2024

    Os dous cursos en liña de linguaxe xurídica galega (un de nivel medio e outro de nivel superior) están destinados ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza que preste servizos fóra de Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de maio de 2024

    O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, insta os estados da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) a que unan esforzos para que o portugués se converta en lingua oficial da ONU até 2030.

    Fonte: ECO Sapo

    06 de maio de 2024

    O presidente do Principado anunciou que convocará unha reunión cos grupos parlamentarios e representantes da Academia da Lingua Asturiana na segunda quincena de maio para negociar a modificación do artigo 4 do Estatuto de Autonomía e impulsar a oficialidade do asturiano e o eonaviego.

    06 de maio de 2024

    Segundo esta asociación, a lei ignora a presenza do galego no Bierzo, unha lingua que nin se menciona, e só fai referencia ao patrimonio lingüístico pero sen concretar a regulación xurídica.

    Fonte: Bierzo TV

    06 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) á gala de entrega dos XX premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso así como os correspondentes ao certame audiovisual REC.curta, organizados por Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder