Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de agosto de 2024

    A concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Avilés ampliará a súa actividade na segunda metade do ano. Entre a programación prevista para os vindeiros meses figuran a VI Parada da Xira pola Oficialidade, un curso de nivel básico de asturiano, obradoiros infantís etc.

    22 de agosto de 2024

    Vigo acolle un curso de comunicación en lingua galega organizado por Cogami que ten como obxectivo mellorar as competencias que faciliten o acceso ao mercado laboral dos seus usuarios.

    Fonte: Faro de Vigo

    22 de agosto de 2024

    Un 83 % dos municipios que integran o territorio do Friúl, no norte de Italia, conta con sinais viarios en versión bilingüe italiano-friulano.

    Fonte: Il País

    22 de agosto de 2024

    A cidade norteirlandesa de Derry acollerá o Féile le Chéile, o festival que pretende promocionar a lingua e cultura gaélicas. Na edición deste ano ofrécense actividades para mellorar ou aprender a lingua vernácula e desfrutar de música tradicional irlandesa.

    Fonte: Derry Now

    21 de agosto de 2024

    O Goberno de Letonia comezou a supresión do ruso como lingua de instrución no currículo das escolas. Esta medida responde ao obxectivo de reducir a influencia de Rusia na sociedade letoa.

    Fonte: KOHA

    21 de agosto de 2024

    O Goberno de Aragón está reconsiderando a súa proposta de eliminar o recoñecemento oficial do catalán e do aragonés como linguas propias e xa non xulga prioritario modificar a normativa que incluía este recoñecemento.

    Fonte: Diari de la Llengua

    21 de agosto de 2024

    A vicelehendakari primeira e conselleira de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco anunciou que, a partir de setembro, as clases do nivel A1 de éuscaro serán gratuítas en todos os euskaltegis para facilitar o acceso a esta lingua. Destacou a importancia da súa promoción en ámbitos máis amplos, como o laboral e o ocio.

    Fonte: Barakaldo Digital

    20 de agosto de 2024

    A ministra de Educación de Estonia prevé un endurecemento da política lingüística para garantir que a lingua estoniana se empregue en todas as institucións públicas e que cada vez máis traballadores e traballadoras melloren o seu dominio da lingua vernácula.

    Fonte: Estonian World 

    20 de agosto de 2024

    O número de estudantes norteirlandeses que realizan o exame de acceso á universidade en gaélico irlandés incrementouse nesta última convocatoria respecto a cifras do ano pasado. O gaélico é a segunda lingua diferente do inglés máis empregada despois do español.

    Fonte: The Irish News

    20 de agosto de 2024

    En xullo, aprobouse o novo Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro 2023-2027 da Deputación Foral de Áraba, co obxectivo de incrementar o uso do éuscaro como lingua de servizo e de traballo. O plan destaca a baixa competencia neste idioma entre os responsables políticos arabeses e busca que o 40 % deles poidan escribir en éuscaro.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder