O Claustro Universitario aprobou este plan que desenvolverá entre 2024 e 2026 un total de 31 accións repartidas en catro eixes de intervención: xestión, docencia, investigación e proxección.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Fernandes, informou de que as autoridades de Timor Leste solicitaron axuda para reforzar a lingua portuguesa en sectores como a educación e a capacitación da administración pública.
Fonte: Notícias ao Minuto
Destinaranse 560 000 euros a cursos de éuscaro para familias con fillos/as en idade escolar, persoas maiores de 55 anos, persoal de comercio e hostalería e persoas de orixe estranxeira.
No marco da Estratexia de Intelixencia Artificial 2024, celebrouse unha primeira xuntanza das entidades implicadas no Convenio de Gobernanza para Xerar Modelos e Corpus para unha infraestrutura pública de Modelos de Linguaxe na que asinaron un convenio.
Fonte: La Moncloa
Un total de 13 centros de educación secundaria da Costa da Morte veñen desenvolvendo desde o mes de marzo a campaña de dinamización lingüística «Falemos + galego», que pecharán o vindeiro 20 de xuño cunha gala que se celebrará en Cee.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á presentación do informe anual do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo realizado por un equipo do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) revela que o modo de comunicar dos cachalotes é moito máis expresivo e complexo do que se sabía até o momento.
Fonte: MIT Technology Review
A asociación Ciutadana Alsaciana recolle máis de 1600 sinaturas para denunciar a marxinación da lingua alsaciana e manda unha carta ao presidente Emmanuel Macron para reclamar a súa revitalización.
Fonte: Diari de la Llengua
Estes plans de xestión lingüística garantirán que as persoas usuarias sexan atendidas na lingua da súa elección e que se respecten os seus dereitos lingüísticos.
Fonte: VilaWeb
Esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 2 700 000 euros, está destinada a entidades promotoras de euskaltegis e gau-eskolas que ensinan éuscaro a persoas adultas.
Fonte: Gobierno de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín



