Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de maio de 2024

    No acto de benvida a novos residentes, destacouse a importancia da atención sanitaria en catalán aos pacientes e repartiuse entre os asistentes a Guia fàcil per parlar en català amb els pacients.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de maio de 2024

    A convocatoria de axudas para aprender éuscaro a través de clases presenciais ou en liña conta cun orzamento de 55 000 euros e busca fomentar a participación cidadá nos cursos de aprendizaxe e perfeccionamento desta lingua.

    Fonte: Pamplona Actual

    09 de maio de 2024

    O Proxecto de Regulamento de Cooficialidade Lingüística do Municipio de Elx establece a cooficialidade do valenciano e castelán e que ambas as linguas se empregarán nos documentos municipais, acordos, toponimia etc.

    Fonte: Ayuntamiento de Elche

    09 de maio de 2024

    Trátase dunha nova edición de Bótalle un conto, un certame de contos orais en galego que ten como obxectivo prestixiar e visibilizar a variedade e a riqueza da lingua oral.

    Fonte: Concello de Pontevedra

    08 de maio de 2024

    A canle sueca de utilizade pública SVT informou de que o concurso de Eurovisión 2024 incluirá unha crónica en dúas variedades de linguas saami: en saami de Inari e en saami meriodional.

    Fonte: Eurovoix News

    08 de maio de 2024

    O Consello de Cornualles solicitoulle formalmente ao Goberno do Reino Unido que conceda máis protección para a lingua córnica. A petición realizouse cando se facían dez anos do recoñecemento do córnico como minoría nacional.

    Fonte: BBC

    08 de maio de 2024

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de conceder axudas a 20 editoriais para a tradución de 83 obras, tal e como se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En total, a orde de axudas destinaba 200 000 euros a esta convocatoria co obxecto de favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas ao tempo que se fomenta a tradución.

    08 de maio de 2024

    O Concello de Ames e a Real Academia Galega organizan a segunda edición do proxecto «Modo galego, actívao!» que presenta como novidades a incorporación das dúas escolas infantís municipais e o reforzo da oferta de accións formativas.

    Fonte: Concello de Ames

    08 de maio de 2024

    O Boletín Oficial de Navarra publicou unha convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 505 000 euros, dirixida a entidades sen ánimo de lucro destinadas a fomentar o éuscaro e a súa presenza social en 2024.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    08 de maio de 2024

    En total, publicáronse 257 novos termos cataláns normalizados entre os que destacan polo seu número os dedicados á economía e á empresa; á enerxía e ao medio natural; á comunicación, á informática e ás TIC; e á zooloxía.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder