Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de abril de 2024

    A Cidade da Cultura reuniu as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na Unión Europea.

    25 de abril de 2024

    O Goberno asturiano confirmou que están a traballar co Instituto Cervantes para ofertar cursos de lingua asturiana nalgúns dos seus centros internacionais.

    Fonte: La Voz de Asturias

    25 de abril de 2024

    Esta liña de axudas para o fomento e a difusión da lingua de signos catalá conta cunha dotación económica de 125 000 euros. Búscase con esta convocatoria incrementar a súa aprendizaxe, promover a súa práctica e as actitudes positivas e contribuír á vitalidade da comunidade signante.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    25 de abril de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na reunión anual da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística subscrito polos gobernos de Galicia, Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Navarra e o País Vasco para establecer unha estrutura de colaboración entre os departamentos de política lingüística das comunidades autónomas con lingua propia.

    25 de abril de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, reafirmaron o seu compromiso de colaboración entre ambas as institucións na promoción e defensa da lingua galega durante o seu primeiro encontro, celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.

    24 de abril de 2024

    O Brasil conmemora o seu Día Nacional da Lingua de Signos co obxectivo de concienciar a poboación da necesidade de promover políticas de inclusión das persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

    Fonte: AJN1

    24 de abril de 2024

    Un estudo da Universidade de Aberdeen revelou que o nivel de coñecemento da lingua inglesa pode ser determinante para determinar o grao de segregación da poboación.

    Fonte: University of Aberdeen

     

    24 de abril de 2024

    Este convenio de colaboración ten como obxectivo impulsar o uso social do éuscaro en Navarra, sobre todo entre a mocidade. Está dotado con 155 000 euros para o desenvolvemento do programa «Euskarak 365 egun» e o deseño de Euskaraldia, entre outros.

    24 de abril de 2024

    O Programa Ulibarri de normalización lingüística está destinado a centros concertados de ensino non universitario. Trátase dunha convocatoria de axudas que ten como obxectivo axudalos a poñer en marcha proxectos para fomentar o uso do éuscaro na comunidade educativa.

    24 de abril de 2024

    Trátase dunha nova edición do programa «A Coruña das Letras» que inclúe unha serie de andainas por diferentes barrios da cidade guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder