O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, participaron no acto de entrega dos XIX Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns promovidos pola USC co apoio da Xunta de Galicia co fin de impulsar o uso da lingua galega na elaboración e na defensa oral dos traballos desenvolvidos polo alumnado da universidade compostelá.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A nova lei de Educación de Letonia establece que o alumnado que rexeite o estudo do ruso como segunda lingua estranxeira antes do 21 de xuño poderá aprender outra lingua estranxeira diferente a partir do próximo ano lectivo.
Fonte: Baltic News Network
As autoridades chinesas destituíron un profesor dunha escola primaria da provincia de Sichuan tras incentivar o uso da lingua tibetana entre o seu alumnado, medida que foi prohibida en centros de ensino.
Fonte: Radio Free Asia
Este certame ten como obxectivo fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como descubrir potenciais figuras no ámbito literario. Poden presentarse obras de calquera xénero cunha extensión máxima de 8000 palabras.
A Associació Metges-Salut pel Català nace para promover o uso do catalán no ámbito da saúde. Entre as súas propostas figuran un plan de acollida para residentes ou a creación dunha figura para velar pola aplicación da política lingüística en cada centro.
Fonte: Públic
As plataformas dixitais poderán solicitar axudas para a incorporación do catalán, o occitano e a lingua de signos catalá en longametraxes e series. Estas axudas enmárcanse na acción do Goberno para incrementar a presenza do catalán no ámbito audiovisual.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura oficial do XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que arranca na cidade portuguesa de Braga e cuxo obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galicia e os estudos galegos e a denominada lusofonía.
Un grupo de persoas voluntarias e profesionais de diversas áreas presentaron Simi, unha nova aplicación móbil destinada a ensinar quechua básico dunha forma amena.
Fonte: Los Tiempos
O Consello Portugués para os Refuxiados lanzou dúas publicacións para que as persoas demandantes de asilo ou protección internacional poidan aprender a lingua portuguesa.
Destinarase unha partida de 3,7 millóns de euros para subvencionar o proceso de aprendizaxe do éuscaro do alumnado dos euskaltegis da Comunidade Autónoma Vasca que obteña o A1, A2, B1, B2, C1 e C2.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín


