Este festival celébrase no Forum Metropolitano da Coruña ata o 20 de abril e inclúe sesións para todos os públicos, así como algunhas específicas para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Este festival celébrase no Forum Metropolitano da Coruña ata o 20 de abril e inclúe sesións para todos os públicos, así como algunhas específicas para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A convocatoria Euskalgintza, á que se destinarán 1 704 000 euros, está destinada a persoas físicas ou xurídicas privadas dedicadas á promoción, ao desenvolvemento ou á normalización do éuscaro na sociedade.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, destacou o firme compromiso da Xunta coa lingua e cultura de Galicia na súa primeira visita institucional ao Consello da Cultura Galega, onde tivo oportunidade de manter un encontro coa súa presidenta, Rosario Álvarez.
A editora Global publica a quinta edición do Dicionário escolar da língua portuguesa que recolle arredor de 35 mil palabras representativas do portugués falado no Brasil.
Fonte: Publishnews
A nova lei en materia lingüística que se está a tramitar no Consello Xeral de Andorra pediralles a todas as persoas que queiran obter o permiso de residencia que acrediten o seu nivel de lingua catalá.
Fonte: Diari de la Llengua
Co obxectivo de ofrecer formación en novos coñecementos e metodoloxías xurdidas no proceso de revitalización do éuscaro, a Universidade do País Vasco ofertará o mestrado «La gestión de las lenguas en la era global: claves de la innovación en la revitalización del euskera», que ten unha duración de dous anos.
A bolsa Gazte Sortzaileak, que conta cunha dotación económica de 18 000 euros, está dirixida a persoas de 16 a 35 anos e ten como obxectivo fomentar a creación en éuscaro.
Ao longo do mes de abril o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo impartirá unha serie de monográficos arredor da improvisación oral, que comezarán co titulado «Oratoria e filosofía de taberna».
Fonte: Consello da Cultura Galega
O especial do mes de abril, titulado “Arquitectura: ciencia, arte e construción social”, recolle unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as construcións galegas desde tres puntos de vista: científico, artístico e social.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O club bilbaíno afronta o desafío de integrar o éuscaro en todas as súas actividades co obxectivo de preservar esta lingua, así como fortalecer a súa identidade cultural. Para iso lanzou un plan estratéxico para fomentar o uso do éuscaro cun horizonte temporal de catro anos no que se propoñen nove estratexias.
Fonte: Bilbao Hiria
Subscríbase ao boletín